Destacada

Galicia acada representación na Rede Europea de Linguas Minoritarias

Gregorio Ferreiro Fente, asesor docente da Secretaría Xeral de Política Lingüística, acaba de resultar elixido vicepresidente da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (Network to Promote Linguistic Diversity, NPLD), logo da votación que tivo lugar na asemblea xeral deste organismo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Comezan en Santiago os congresos do ‘Atlas Linguarum Europae’ e do ‘Atlas Linguistique Roman’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela (USC) dous congresos internacionais de xeografía lingüística: O 50 Congreso do Atlas Linguarum Europae (ALE) e o XXII Congreso do Atlas Linguistique Roman (ALiR).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

García destaca a carta como "o primeiro texto internacional dedicado ao recoñecemento dos dereitos lingüísticos"

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacou a Carta Europea para as Linguas Rexionais ou Minoritarias (CELRM) como “o primeiro texto internacional dedicado especificamente ao recoñecemento de dereitos lingüísticos”. Fíxoo durante a súa intervención no acto de inauguración do Foro de debate sobre a CELRM que acolle o Consello da Cultura Galega coa colaboración do Consello de Europa.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García inaugura os cursos de verán de galego para estranxeiros na Coruña e en Santiago

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou nas inauguracións dos cursos de verán de galego para persoas estranxeiras que promoven, co apoio da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña (UDC) e mais a Real Academia Galega (RAG) e a Universidade de Santiago de Compostela (USC), respectivamente.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García destaca o valor económico e cultural do galego na xornada ‘A lingua como oportunidade’

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, participou na mesa inaugural do encontro A lingua como oportunidade que organizan o Concello de Santiago e a Unión das Cidades Capitais de Lingua Portuguesa (UCCLA) co apoio da Academia Galega da Lingua Portuguesa.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha nova edición de ‘Redecinema’ levará filmes en galego a 16 concellos da Rede de Dinamización Lingüística

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria -a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic)- pon en marcha a segunda edición do programa Redecinema, que -tras difundir por toda Galicia o filme “Vilamor” na súa primeira edición- levará a 16 concellos da Rede de Dinamización Lingüística as (co)producións galegas “Maimiño”, “A praia dos afogados” e “9 ondas” en formato de cinema de verán.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O programa de dinamización lingüística "O galego campa!" chegará a 1500 mozos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, visitaron o Campamento Xuvenil A Devesa de Ribadeo, onde presentaron a sétima edición do programa de dinamización da lingua galega nos campamentos de verán da Xunta de Galicia ‘O galego campa!’.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Festival de Cine Fantástico de Sitges exhibirá por primeira vez unha película en galego

O thriller Dhogs, unha longametraxe do lucense Andrés Goteira, competirá no Festival de Cine Fantástico de Sitges e converterase así no primeiro filme en galego que se exhibe neste festival.

Fonte: Faro de Vigo

A lingua galega reforza a súa proxección no Xapón da man de Takekazu Asaka

A lingua propia de Galicia reforza a súa proxección internacional, e faino desta volta a través de dúas novas publicacións en xaponés que chegan da man do lingüista Takekazu Asaka, profesor da Universidade de Tsudajuku, considerado o embaixador do galego máis famoso do país nipón. Trátase da Nova gramática galega e da edición bilingüe galego-xaponés da primeira parte de Os Eidos, de Uxío Novoneyra.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un total de 1500 rapaces e rapazas de estadía nos campamentos participaron na sétima edición de ‘O galego campa!’

Un total de 1465 rapaces e rapazas, de entre 9 e 17 anos, de estadía nos campamentos de verán de titularidade da Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Política Social, participaron ao longo dos meses de xullo e agosto na sétima edición do programa de dinamización lingüística "O galego campa!", promovido pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder