Destacada

A Consellería de Cultura proponlle ao Instituto Cervantes homenaxear en Madrid a Carlos Casares

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, reuniuse co secretario xeral do Instituto Cervantes, Rafael Rodríguez-Ponga, nun encontro no que lle propuxo a celebración dun acto de homenaxe en Madrid á figura de Carlos Casares.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Feijóo compromete a elaboración dun plan da cultura galega para fixar as liñas mestras de actuación para os vindeiros anos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, comprometeu a elaboración dun plan da cultura galega, acordado cos principais axentes dos distintos sectores culturais, para fixar as liñas mestras de actuación para os vindeiros anos.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Un novo material educativo en galego dos Bolechas busca ensinarlles aos máis cativos a importancia da reciclaxe

A web dos Bolechas vai incorporando periodicamente material educativo en galego para os cativos e desta vez lanza un vídeo co que se pretende concienciar sobre a importancia dos “tres R”: reducir, reutilizar e reciclar.

Fonte: Galicia Confidencial

O novo director do Instituto Cervantes impulsará a difusión da cultura en galego, éuscaro e catalán

O novo director do Instituto Cervantes, Juan Manuel Bonet, comprometeuse, durante a toma de posesión do cargo, a procurar o entendemento coas outras linguas cooficiais e a impulsar a difusión da cultura en galego, éuscaro e catalán.

Fonte: Galicia Hoxe

A Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza renderalles tributo a Rosalía e a Zeca Afonso

A 3ª Semana Cultural Convergências Portugal-Galiza renderalles tributo do 19 ao 25 de febreiro na cidade portuguesa de Braga a Rosalía de Castro e a Zeca Alfonso, de cuxo nacemento e pasamento se fan 180 e 30 anos, respectivamente.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Rede de Centros de Estudos Galegos celebra o 24 de febreiro coa iniciativa ‘Rosalía universal’

“A Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia, coordinada desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra este 24 de febreiro coa posta en marcha da nova iniciativa ‘Rosalía universal’, que lle dá voz desde diferentes puntos do mundo e en diferentes linguas aos textos da poeta galega máis insigne, co gallo do 180º aniversario do seu nacemento”. Así o deu a coñecer en rolda de prensa o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, quen detallou que “o alumnado destes centros de proxección exterior da lingua, da literatura e da cultura propias de Galicia elaborou unha serie de vídeos en que le textos da autora compostelá na lingua en que foron escritos e mais no seu propio idioma”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O Parlamento galego aproba unha iniciativa para levar a cabo accións de apoio aos neofalantes

Esta iniciativa, aprobada no Parlamento, demanda a posta en marcha, por parte da Xunta de Galicia, de accións orientadas a fomentar o emprego do galego e apoiar que os neofalantes adopten esta lingua para comunicarse.

Fonte: Galicia Confidencial

Xunta e Universidade de Vigo exporán o ‘Pergamiño Vindel’ no Museo do Mar

A Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia, representados polo reitor, Salustiano Mato, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, anunciaron a exposición do Pergamiño Vindel, un dos cumios da literatura medieval galego-portuguesa, no Museo do Mar de Galicia en Vigo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O programa de promoción do galego no Bierzo e en Sanabria ampliará os seus centros en setembro

O Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria ampliará o vindeiro curso académico 2017/18 os seus centros adscritos coa incorporación a este proxecto do CRA leonés Cubillos del Sil, que se sumará aos 18 centros de ensino primario e secundario e mais á escola oficial de idiomas. O programa, posto en marcha pola Xunta de Galicia e pola Junta de Castela e León, chega aos quince anos en activo como medida de promoción do uso e do ensino da lingua propia de Galicia nestes territorios galegofalantes do exterior.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

‘Lingua de namorar’ premia a mocidade pola súa creatividade en galego

As Consellerías de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a de Política Social, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, respectivamente, fan pública a resolución da quinta edición do certame de declaracións de amor na rede.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder