Destacada
A versión 3.20 do escritorio Gnome xa está dispoñible en galego

A tradución foi realizada de forma voluntaria e desinteresada polo equipo galego de tradución de Gnome e achega novidades especialmente relevantes.
Fonte: Código Cero
Román Rodríguez salienta que co VI volume do Atlas Lingüístico de Galicia avanza a normalización do galego no eido científico

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou o volume VI “Terra, plantas e árbores” do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) na sede do Instituto da Lingua Galega (ILG) da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García inaugura en Michigan o II Simposio Norteamericano de Estudos Galegos

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou o II Simposio Norteamericano de Estudos Galegos: Renovación académica, comunicación artística e innovación social, que organiza a Universidade de Michigan-Ann Arbor coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A segunda edición do Premio á Conta 2016 galardoará a mellor conta de Twitter en galego

O obxectivo da iniciativa é premiar os usuarios que usen o galego nesta rede social. Son os propios usuarios de Twitter os que propoñen as contas candidatas ao galardón nun proceso que durará ata o 7 de maio.
Fonte: Galicia Confidencial
Coca-Cola Iberian Partners incorpora a lingua galega á súa frota de vehículos comerciais

Coca-Coca Iberian Partners vén de incorporar o galego á súa frota de coches comerciais, por medio da rotulación na lingua propia de Galicia de 30 dos seus vehículos.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O secretario xeral de Política Lingüística recibe o alumnado de galego do Bierzo e de Sanabria que visita Galicia

A emblemática Casa Museo de Rosalía de Castro acolleu a recepción da Consellería de Cultura e Educación ao alumnado que estuda na lingua propia de Galicia nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, situadas na comunidade de Castela e León.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O correo electrónico da Xunta emprega xa o dominio .gal

O correo corporativo da Xunta de Galicia emprega o dominio galego en internet. Coincidindo co Día das Letras Galegas e de Internet a Xunta cumpre outros dos fitos previstos na adopción do .gal como dominio de referencia da súa presenza na Rede.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Tres novas normas UNE-ISO promoverán o uso da lingua galega no tecido socioeconómico

Tres novas normas UNE-ISO promoverán o uso da lingua galega no tecido socioeconómico, grazas á colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Aenor. Trátase das normas 9001:2015, 9004:2009 e 14001:2015, tres das de maior proxección de todas as comercializadas pola firma que xa están dispoñibles na súa versión en galego no catálogo Aenor.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A V edición dos Premios a curtas de animación en galego 'Nós tamén creamos!' xa ten gañadores

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria fixo pública, a través do seu portal educativo e mais do Portal da Lingua Galega (www.lingua.gal), a resolución da V edición dos Premios a curtas de animación en galego 'Nós tamén creamos!'.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ponse en marcha a campaña “A lingua, a arte da túa terra. Boinas en Compostela”

Esta campaña ten como obxectivo transmitir unha imaxe moderna e creativa da lingua galega, relacionándoa con valores como a igualdade de xénero ou a xustiza social.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín