Destacada

O certame OUFF Escola 2015 premia os mellores proxectos audiovisuais escolares en galego co apoio de Cultura e Educación

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu á entrega de premios da VI edición do certame de cine OUFF Escola, celebrado en Ourense. Convocado pola Concellería de Cultura da cidade e o Festival de Cine Internacional de Ourense (OUFF), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, este concurso de cinema escolar está enmarcado na 20ª edición do devandito festival de cine, que se celebra na capital das Burgas entre o 14 e o 22 de novembro.

Fonte: Xunta de Galicia

O secretario xeral de Política Lingüística asiste á entrega dos XXV Premios San Martiño de Normalización Lingüística

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, acudiu á entrega dos premios San Martiño de Normalización Lingüística na súa vixésimo quinta edición. Celebrada no Teatro Principal da Estrada, a Asociación Cultural O Brado procura recoñecer con estes galardóns o traballo na defensa do galego, o uso do idioma e a súa proxección por parte de persoas, colectivos ou entidades.

Fonte: Xunta de Galicia

Case mil persoas asistiron á actividade ‘Contos en rede' programada pola Consellería de Cultura e Educación

Este pasado domingo rematou, en Cotobade, a xira ‘Contos en Rede' do programa FalaRedes na súa edición do 2015 que, desde a Secretaría Xeral de Política Lingüística, promoveu a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en concellos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Unha iniciativa anima a buscar a palabra galega do ano 2015

O Portal das Palabras, unha iniciativa da Real Academia Galega e a Fundación Barrié, propón, un ano máis, que a cidadanía faga as súas propostas para escoller a palabra de 2015, a que mellor identifique o ano que está a piques de finalizar.

Fonte: Real Academia Galega

A Rede de Dinamización Lingüística presenta novos recursos e actividades para celebrar o Nadal en galego

O conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, presentou na Cidade da Cultura de Galicia a nova programación de actividades e os recursos para celebrar estas festas en galego dentro da cuarta edición do programa de dinamización lingüística ‘Nadal en Rede’.

Fonte: Xunta de Galicia

A Rede de Dinamización Lingüística dispón de modelos de carta para axudar aos Reis Magos a responder en galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais a Rede de Dinamización Lingüística veñen de confeccionar unha ferramenta informática para que pais, nais e servizos de normalización dos concellos poidan axudar os Reis Magos a elaboraren, dun xeito doado, unha carta para responder en galego ás peticións que reciben dos máis cativos.

Fonte: Xunta de Galicia

Cultura e Educación leva ao Parlamento o documento pactado do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico

Tal e como anunciou o pasado mes de abril que faría no derradeiro trimestre do ano, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria levou ao Parlamento de Galicia o documento consensuado do Plan de dinamización da lingua galega no tecido económico 2015/2020.

Fonte: Xunta de Galicia

A Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca para abril as primeiras probas de acreditación da lingua galega de 2016

O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 23 de decembro de 2015, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2016 (ED114A).

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía o acceso gratuíto ao dicionario en liña Digalego

A Xunta de Galicia porá á disposición de toda a cidadanía o acceso gratuíto a Digalego.xunta.gal, un completo dicionario en liña de lingua galega que, con máis de 65 000 entradas, é unha das obras máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego.

Fonte: Portal da Lingua Galega

A Xunta considerará as recomendacións do Consello de Europa para cumprir a Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias

A Xunta de Galicia tivo coñecemento, para a súa toma en consideración, das recomendacións aprobadas polo Consello de Europa para o cumprimento da Carta Europea das Linguas Rexionais e Minoritarias (CELRM) no relativo á promoción do uso da lingua galega.

Fonte: Portal da Lingua

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder