Destacada

Xa está en marcha a segunda edición dos premios Youtubeir@s cos que se pretende aumentar a presenza do galego en Youtube

O premio Youtubeir@s, dirixido a todas as persoas maiores de 14 anos, ten como obxectivo aumentar a presenza do galego nos vídeos de Youtube.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

O Dicionario da Real Academia Galega pecha o ano 2017 con 20,5 millóns de consultas

O Dicionario da Real Academia Galega recibiu en 2017 arredor de 20,5 millóns de consultas, o que supón a maior cifra desde a posta en marcha da súa versión dixital en 2013. Ademais, experimentou un incremento do 42 % con respecto ao ano anterior e unha media diaria de máis de 56 000 buscas.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta chega a un acordo para exhibir por vez primeira en Galicia o cadro de Castelao “A derradeira leición do mestre”

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de chegar a un acordo co Centro Galicia de Bos Aires para exhibir por vez primeira en Galicia a obra de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao ‘A derradeira leición do mestre’, cadro que nunca ten saído de Arxentina e que se considera clave na traxectoria do intelectual e artista de Rianxo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O 10.º Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto premiará as destrezas lingüísticas en galego

O 10.º Concurso Coca-Cola Novos Talentos de Relato Curto premiará un ano máis as destrezas lingüísticas de expresión e comprensión escrita do galego do alumnado de 2.º curso da ESO. Coca-Cola Iberian Partners e a Secretaría Xeral de Política Lingüística poñen en marcha unha nova convocatoria desta iniciativa de impulso á creatividade en lingua galega da mocidade no marco do seu acordo de colaboración.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

O 7 de febreiro celebrarase o primeiro Día dos Medios en Galego

A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) escolleu o 7 de febreiro para reivindicar a importancia dos xornais que empregan esta lingua porque nesta data do ano 1876 nacía o primeiro medio en galego: O Tío Marcos da Portela.

Fonte: Galicia Confidencial

O Plan de (tele)formación en lingua galega da Xunta estreará este ano o curso do Celga 4 en liña

O Plan de (tele)formación en lingua galega da Xunta de Galicia estreará este ano o curso preparatorio das probas de acreditación do Celga no seu nivel 4, o máis alto que se pode obter por medio desta vía. O Diario Oficial de Galicia publicou a Resolución do 25 de xaneiro de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se anuncia a convocatoria de cursos de lingua galega preparatorios das probas para obter, con carácter voluntario e gratuíto, os certificados de lingua galega Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4 (ED104B).

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Román Rodríguez sinala o galego como unha lingua con historia e futuro

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu a entrega de premios do certame de dinamización lingüística Lingua de namorar, que convocan conxuntamente o seu departamento e a Consellería de Política Social, e que se entregaron no Museo do Mar de Galicia, a carón do Pergamiño Vindel.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Valentín García aposta pola teleformación na presentación do Plan de formación en lingua galega 2018

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou en rolda de prensa o Plan de formación en lingua galega do seu departamento para o presente ano 2018, que chegará a máis de 7000 persoas e incluirá formación Celga, formación en linguaxes administrativa e xurídica e formación no exterior.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

‘Galegos no Minho’ conmemora os 20 anos en activo do Centro de Estudos Galegos bracarense

O novo volume Galegos no Minho. 20 anos do Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho conmemora as dúas décadas en activo deste centro dependente da Rede de Lectorados e Centros de Estudos Galegos da Xunta de Galicia e presentouse en Santiago no marco da 4ª Semana Cultural Convergências Portugal Galiza, que organiza o propio centro universitario bracarense.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Novas accións dinamizarán o galego no Bierzo dentro do programa de promoción impulsado pola Xunta

Novas accións dinamizarán o galego no Bierzo dentro do Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria impulsado pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e mais pola Junta de Castela e León. Así o anunciou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na rolda de prensa na que se deron a coñecer os detalles do novo Premio Morales para a Promoción do Galego no Bierzo, unha iniciativa destinada aos 19 centros de ensino do galego de León e Zamora: 8 CEIP, CRA e IES; ademais da Escola Oficial de Idiomas (EOI) de Ponferrada.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder