España

A Comunidade Valenciana conta xa con intérpretes de 60 linguas nos xulgados

A xustiza valenciana fala xa 60 idiomas, os que manexan os intérpretes xudiciais ao servizo da Generalitat. Cada ano aumenta o seu traballo e en 2009 houbo máis de 17000 traducións en linguas de lugares como Paraguai, Tanzania, Irán, Mali ou Bangladesh.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación de Valencia destina en 2010 máis dun millón de euros para a promoción do uso social do valenciano

A Consellería de Educación de Valencia investirá máis dun millón de euros en axudas para promover o uso social do valenciano durante o exercicio de 2010, destinadas a concellos e mancomunidades de municipios, asociacións cívicas sen finalidade lucrativa e empresas, comercios e industrias.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

Pais da zona non vascófona de Navarra convocan unha manifestación en Pamplona por "unha escolarización en éuscaro"

Un grupo de pais da zona non vascófona convocou unha manifestación para o domingo 28 de marzo en Pamplona, para reivindicar o seu "dereito a escolarizar os nenos en éuscaro" e esixirlle ao Goberno de Navarra "os mesmos dereitos" que os pais da zona vascófona e mixta.

Fonte: Noticias de Navarra

Navarra

O Tribunal Constitucional avala o uso do asturiano ante a Administración autonómica

O Tribunal Constitucional avala a legalidade do uso do asturiano por parte dos cidadáns na súa relación coa Administración autonómica. Nun auto, a institución pronúnciase nese sentido en relación coa cuestión formulada por un xulgado de Oviedo, que cuestionaba que o artigo da Lei de uso e promoción do asturiano que regula ese aspecto concreto se axustase á Carta Magna.

Fonte: El Comercio Digital

Asturias

O Concello de Llodio pon en marcha un servizo de coidadores en éuscaro

As familias que desexen contar con coidadores ou profesores particulares que atendan os seus fillos en éuscaro contan desde agora cun novo servizo que puxo en marcha o Concello de Llodio.

Fonte: El Correo

País Vasco

A Asociación Além Guadiana de Estremadura divulga o portugués oliventino na escola

A colaboración entre o Colexio Público Francisco Ortiz de Olivenza e a Asociación cultural Além Guadiana está permitindo divulgar o portugués oliventino entre alumnos de primaria da localidade.

Fonte: Europa Press

Estremadura

Nace unha fronte lingüística contra a discriminación pública do valenciano

A plataforma "Sí al valencià", integrada por cen colectivos, esíxelles ás Cortes valencianas que inclúan o dominio da lingua para traballar na Administración. Todos os sindicatos e os partidos, agás o PP, adhírense á iniciativa.

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

A asociación cultural Furmientu pide que se traduza o estatuto de Castela e León ao galego e ao asturiano

Furmientu solicitou formalmente a tradución do Estatuto de Autonomía de Castela e León ao asturiano e ao galego, “linguas recoñecidas oficialmente por ese texto legal”.

Fonte: Asturies.com

Castela e León

O Servizo Vasco de Saúde estende a toda a rede o servizo de interpretación para estranxeiros

Segundo informou o Servizo Vasco de Saúde nun comunicado desta forma quérese facer fronte á crecente presenza nos servizos asistenciais de inmigrantes e turistas estranxeiros que non coñecen ningunha das dúas linguas oficiais da comunidade.

Fonte: ABC

País Vasco

Só un de cada tres españois domina un idioma estranxeiro

Só un de cada tres españois di ser quen de falar e escribir un idioma estranxeiro, segundo os resultados dunha enquisa realizada polo Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).

Fonte: Lainformacion.com

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder