España

O Consell asina protocolos de coordinación de actuacións en materia de normalización do valenciano

O Consell aprobou protocolos de colaboración entre a Consellería de Educación, a Academia Valenciana da Lingua e os concellos de Carlet, Manises e Massamagell (Valencia) para a coordinación das actuacións en materia de normalización do valenciano.

Fonte: Europa Press

Comunidade Valenciana

A falta de fondos impide a Radio Televisión Española emitir a súa programación en éuscaro

O PSE e o PP rexeitan que o centro territorial de Radio Televisión Española utilice a lingua vasca nas súas desconexións. Na actualidade a televisión pública emite media hora diaria de programación propia en Euskadi.

Fonte: Noticias de Álava

País Vasco

O Goberno vasco analiza revisar os perfís lingüísticos na Administración

A conselleira de Cultura, Blanca Urgell, explicou no Parlamento vasco que o Goberno constituíu "un grupo de traballo interdepartamental" que analiza as esixencias lingüísticas para acceder a unha praza de funcionario.

Fonte: El Mundo

País Vasco

O Goberno español sinala que promove o uso das linguas cooficiais na Administración dentro das súas competencias

O Ministerio de Política Territorial sinala que, dentro das súas competencias, promove o uso das linguas cooficiais dentro da Administración Xeral do Estado, tal e como establece o real decreto polo que se creou o Consello e a Oficina de Linguas Oficiais.

Fonte: Europa Press

Xeral

Máis dun milleiro de persoas maniféstase no País Vasco en contra do modelo educativo trilingüe

Máis dun milleiro de persoas manifestouse en Bilbao para expresar a súa protesta polo modelo trilingüe de ensino (castelán-éuscaro-inglés) que promove o Departamento de Educación do Goberno vasco.

Fonte: Noticias de Gipuzkoa

País Vasco

O Senado deixa para finais de abril o debate para aceptar ou non a xeneralización do uso das linguas autonómicas

O Senado deixou para finais de abril o debate sobre a admisión a trámite dunha iniciativa presentada por senadores de todos os grupos salvo do PSOE e do PP para xeneralizar o uso das linguas autonómicas na Cámara.

Fonte: Las Provincias

Xeral

A Junta de Castilla y León promoverá o ensino do portugués en primaria

A Consellería de Educación impulsará o bilingüismo español portugués nalgún dos centros limítrofes con Portugal e promoverá o seu estudo como segunda lingua estranxeira no terceiro ciclo de primaria, no marco do Programa de Lingua e Cultura Portuguesa en colaboración co ministerio do ramo.

Fonte: Diario de León

Castela e León

Un novo sistema permitiralles ás persoas xordas comunicarse por teléfono

Os ministros de Industria e de Sanidade e Política Social, Miguel Sebastián e Trinidad Jiménez, presentaron o sistema de videointerpretación en lingua de signos SVisual, que permite a comunicación entre persoas xordas e oíntes a través de videointérprete.

Fonte: EcoDiario

Xeral

Os inmigrantes que vivan en Castela e León terán o deber de coñecer o castelán

«Os inmigrantes teñen o deber de coñecer a lingua castelá e usala nas súas relacións cos poderes públicos de Castela e León». É o artigo 26 do anteproxecto de Lei de integración dos inmigrantes, promovido polo Executivo autonómico e de aplicación entre as persoas sen cidadanía europea que adquiran «veciñanza administrativa» nesta comunidade.

Fonte: El Norte de Castilla

Castela e León

Portais de cinco ministerios tratan o valenciano e o catalán como linguas distintas

O deputado no Congreso, Joan Herrera, pediralle explicacións ao Goberno Central por apostar polo "secesionismo lingüístico ao ofrecer nos portais web de cinco ministerios as versións en catalán e valenciano, como se fosen dúas linguas distintas".

Fonte: Levante

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder