España
O presidente de Air Berlin non introducirá o catalán na páxina web da compañía
O presidente de Air Berlin, Álvaro Mendelhman, asegurou que o castelán é "suficiente" para as persoas que en España fagan uso dos servizos da súa compañía a través da súa páxina web e que non é necesario introducir as linguas cooficiais como o catalán.
Fonte: Europa Press
Asociacións e cidadáns reclaman o "dereito a vivir en éuscaro" en Navarra
Cerca dun centenar de persoas fixo público un manifesto, impulsado por Euskararen Gizarte Erakunden Kontseilua, no que piden que se respecte o seu "dereito a vivir en éuscaro en Navarra". Este será, precisamente, o lema da manifestación que convocaron para o próximo día 15 de maio en Pamplona.
Fonte: Noticias de Navarra
O Plan de plurilingüismo de Castela-A Mancha facilitará que todos os alumnos dominen polo menos unha lingua estranxeira
O Plan de plurilingüismo de Castela-A Mancha facilitará que todos os alumnos e alumnas que estudan na rexión dominen polo menos unha lingua estranxeira, preferentemente o inglés, e ofrecerá oportunidades de formación en idiomas a toda a cidadanía en xeral a través de diferentes iniciativas.
Fonte: Qué!
Nafarroa Bai esixe recursos para garantir a elección do modelo lingüístico D en toda Navarra
Nafarroa Bai esixiulle ao Goberno foral a implantación do modelo D na rede pública de toda Navarra e reivindicou o "dereito das familias a elixir en liberdade" o modelo lingüístico para os seus fillos.
Fonte: Noticias de Navarra
A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia apoia o compromiso da UNED coa realidade plurilingüe do Estado
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, participou na investidura de doutor honoris causa do catedrático emérito de Literatura Galega Xesús Alonso Montero, que tivo lugar no marco das celebracións do Día da UNED.
Fonte: Xunta de Galicia
A Generalitat Valenciana esíxelle ao Goberno central que recoñeza o valenciano nas traducións do Tratado de Lisboa
O vicepresidente primeiro da Generalitat Valenciana, Vicente Rambla, esixiulle ao Goberno central que recoñeza o valenciano que defende o Estatuto de Autonomía desta comunidade, tras coñecer que o Executivo estatal "está traducindo o Tratado de Lisboa ás linguas cooficiais obviando unha vez máis a existencia do valenciano".
Fuente: Europa Press
A confederación de persoas xordas denuncia o "escaso desenvolvemento" da lei da lingua de signos
O presidente da Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE), Luis Cañón, denunciou o "escaso desenvolvemento" da Lei da lingua de signos e medios de apoio á comunicación oral, desde a súa aprobación, hai xa máis de dous anos.
Fonte: La Información
Créase a primeira rede social en asturiano semellante a Facebook ou Twitter
O informático asturiano Mikel González creou Ximielga.me, a primeira rede social en asturiano, que aspira a converterse nunha práctica ferramenta para "compartir información e contidos de todo tipo".
Fonte: EFE
A Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, ofrece un dicionario unificado e un léxico en éuscaro
A Real Academia da Lingua Vasca, Euskaltzaindia, ofrece na súa páxina web un Dicionario Unificado Documentado (Hiztegi Batu Oinarriduna) e un Observatorio do Léxico (Lexikoaren Behatokia) en éuscaro.
Fonte: El Mundo
O sindicato Stepv anima os pais a matricular os seus fillos en valenciano por ser "o único que garante" o bilingüismo
O Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino do País Valenciano (Stepv-Iv) animou os pais a matricular os seus fillos na opción de ensinanza en valenciano porque é "o único que garante o coñecemento das dúas linguas oficiais -da comunidade- en igualdade de condicións, un dos obxectivos da normativa educativa autonómica".
Fonte: 20minutos
Boletín
Subscríbase ao boletín