España
O éuscaro terá «atención preferente» no ensino
Éuscaro e castelán terán idéntica importancia no sistema escolar vasco, se ben a lingua vasca gozará dunha «atención preferente», que se traducirá nunha maior carga horaria.
Fonte: Diario Vasco
Dous terzos da poboación avogan por que o ensino en éuscaro se oferte en toda Navarra
O último estudo elaborado polo Departamento de Educación reflicte que dous terzos da poboación enquisada avoga por que o ensino en éuscaro se oferte en toda Navarra. Unha petición que é totalmente maioritaria na zona vascófona (o 82% dos seus habitantes) pero tamén alcanza porcentaxes elevadas na zona mixta (67,5%) e a non vascófona (61%).
Fonte: Noticias de Navarra
ERC ofrécelles aos grupos unha reforma limitada do Regulamento do Congreso que permita o uso das linguas cooficiais
Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) decidiu enviar unha carta a todos os grupos políticos do Congreso na que lles ofrece sumarse a unha proposición de lei de reforma limitada do Regulamento da Cámara Baixa co fin de que se permita o uso das linguas cooficiais nas sesións plenarias, en comisión e en distintos traballos parlamentarios.
Fonte: Europa Press
Un 3% dos catálogos de axencias de viaxe en Cataluña está en catalán
Un 2,8% dos catálogos das axencias de viaxes que ofrecen os seus servizos en Cataluña son en catalán, segundo un informe da Plataforma per la Llengua y Consum Català, tendo en conta as principais axencias do territorio.
Fonte: Finanzas
Asturias súmase ao Atlas Lingüístico da Península Ibérica
Política Lingüística sumouse ao proxecto ‘Elaboración e edición dos materiais do Atlas Lingüístico da Península Ibérica’, coordinado polo Consello Superior de Investigacións Científicas.
Fonte: Asturies.com
O 32 % dos libros publicados en Cataluña, Valencia e Baleares está en catalán, mentres en Galicia se publica un 57 % en galego

Só o 32,16 % dos 26.052 libros que se publicaron o ano pasado en Cataluña, o País Valenciano e Baleares se editou en catalán, cifra inferior ás rexistradas noutras zonas con linguas cooficiais, como Galicia, onde os libros en galego representan o 57,32 % do total, ou o País Vasco, onde os libros en vasco son o 45,7 %.
Fonte: Avui
A Administración local de Melilla pon en marcha un curso de tamazight para empregados públicos
A idea ten como principal obxectivo o de normalizar o uso do tamazight na Administración local e mellorar así o servizo que se lle ofrece á cidadanía en xeral e aos falantes desta lingua en particular.
Fonte: InfoMelilla
A Universidade das Illas Baleares descarta esixir o catalán aos docentes como farán as universidades de Cataluña
A Generalitat de Catalunya traballa nun proxecto de decreto polo que se esixirá o nivel C de lingua catalá a todos os que queiran traballar de profesor nas universidades de Cataluña. A Universidade das Illas Baleares (UIB) non esixe actualmente requisito ningún neste sentido e non ten previsto incorporalo polo menos «a curto prazo».
Fonte: Diario de Ibiza
Ponse en marcha unha nova edición de 'Bikain', o certificado do uso do éuscaro en empresas
O Departamento vasco de Cultura abriu o prazo de solicitude para acceder ao proceso de avaliación externa 'Bikain', un certificado de calidade de xestión lingüística sobre o uso do éuscaro no mundo da empresa e no ámbito socioeconómico.
Fonte: Diario Vasco
A Plataforma pola Lingua Catalá apoia unha lexislación que garanta o pleno recoñecemento do occitano no Val de Arán
A Plataforma pola Lingua Catalá, con motivo das comparecencias no Parlamento de Cataluña en relación coa Lei do aranés, quixo manifestar o seu apoio a unha lexislación que garanta o pleno recoñecemento da lingua occitana no Val de Arán.
Fonte: Avui
Boletín
Subscríbase ao boletín