España
O Partido Socialista de Euskadi pide incorporar o éuscaro, o catalán e o galego na web de Radio Televisión Española
O Partido Socialista de Euskadi rexistrou no Parlamento vasco unha iniciativa na que propón instar a Dirección de Radio Televisión Española (RTVE) a incorporar na súa páxina web a presenza do éuscaro, o catalán e o galego.
Fonte: A Nosa Terra
Linguamón-Casa das Linguas inicia unha campaña de comunicación para promover o multilingüismo
Linguamón-Casa das Linguas inicia unha campaña de comunicación para promover os valores do multilingüismo. Ata o 18 de abril, Televisión de Cataluña emitirá un anuncio sobre Linguamón-Casa das Linguas nas franxas horarias da mañá e da tarde, e tamén durante o telexornal do mediodía.
Fonte: Linguamón
Unha axencia ofrece viaxes accesibles para persoas xordas acompañadas por un experto en lingua de signos
O portal de reservas Viajes AcceSIbles ('www.viajes2000accesibles.es') ampliou a súa oferta de destinos internacionais para persoas xordas a destinos como Uzbekistán, China, Escandinavia ou o Oeste Americano e, ademais, irán acompañadas por un guía especializado en lingua de signos española.
Fonte: Europa Press
Bota a andar a primeira web en asturiano da Universidade de Oviedo
Vicente Gotor, reitor da Universidade de Oviedo, presentou o novo portal web da institución, que por primeira vez vai poder consultarse en lingua asturiana, ademais de en castelán e en inglés.
Fonte: Asturnews
O Goberno vasco asina convenios con universidades de América Latina para impulsar o coñecemento do éuscaro
O Goberno vasco aprobou a sinatura de convenios con diferentes universidades de América Latina para o impulso do coñecemento da lingua e a cultura vascas máis alá do seu propio ámbito.
Fonte: Euskadi.net
Ata 80.000 alumnos máis de infantil e primaria estudarían en valenciano se houbese oferta suficiente
Un 44 % dos centros da Comunidade Valenciana ofrecen este curso a posibilidade de estudar nos programas de ensino en valenciano, unha cifra que "non se corresponde" coas peticións reais. De feito, se a oferta se equipara á demanda, entre 60.000 e 80.000 alumnos máis de infantil e primaria poderían cursar os seus estudos nesta lingua, segundo as estimacións realizadas por Escola Valenciana.
Fonte: 20minutos
A Consellería de Educación de Castela e León promove o estudo da lingua portuguesa

O feito de compartir fronteira e de que unha alta porcentaxe dos inmigrantes que residen en Castela e León procedan de Portugal levou a que a Consellería de Educación decidise promover o estudo da lingua portuguesa como segundo idioma estranxeiro no terceiro ciclo de primaria e con opcións de convertela no primeiro.
Fonte: Diario de Burgos
Toda a oferta formativa do contorno virtual de aprendizaxe de catalán Parla.cat está xa en liña
Parla.cat xa ten accesibles todos os cursos de suficiencia. Complétase así o cuarto e último nivel deste contorno de aprendizaxe de catalán en liña, desenvolvido pola Secretaría de Política Lingüística do Departamento da Vicepresidencia e o Instituto Ramon Llull, en colaboración co Consorcio para a Normalización Lingüística.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Deputación de Guipúscoa ofrece un servizo de interpretación para persoas xordas
A Deputación de Guipúscoa inaugurou un sistema que pretende normalizar a comunicación entre as persoas xordas e os servizos sociais do ente foral. Trátase dun mecanismo de tradución simultánea mediante cámara web que estará dispoñible na Área de Atención á Dependencia do Departamento de Política Social.
Fonte: Noticias de Gipuzkoa
Os médicos extracomunitarios deberán demostrar que saben castelán
O Goberno deixou sentadas as bases para que os médicos especialistas extracomunitarios poidan exercer en España. Un real decreto establece que deberán acreditar o "coñecemento correcto do castelán".
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín