España
O sindicato educativo Suatea culpa a Consellería de Educación de non estender a lingua asturiana a infantil
O sindicato Unitario e Autónomo de Traballadores do Ensino de Asturias (Suatea) culpou a Consellería de Educación de eludir o seu compromiso de garantir que a lingua asturiana se imparta en educación infantil. Suatea denunciou que só o 13 % dos alumnos de infantil recibe ensinanzas de asturiano, mentres que en primaria esa proporción sobe ao 55 %.
Fonte: La Voz de Asturias
O Senado inicia unha reforma para permitir o uso das linguas cooficiais
As linguas cooficiais tratan de gañar espazo nas Cortes Xerais. O Senado converteuse no primeiro obxectivo. O pleno da Cámara Alta aprobou unha proposta para estudar a reforma do seu regulamento e xeneralizar o uso do galego, o catalán, o éuscaro e o valenciano. A iniciativa contou coa oposición do PP e da única senadora de UPN.
Fonte: Faro de Vigo
O catalán xa non será necesario para traballar en Canal 9
As bases da convocatoria de prácticas de dous anos no ente público sitúan a lingua propia como un mérito máis, á altura das linguas estranxeiras.
Fonte: Vieiros
A manifestación que reivindica o dereito a vivir en éuscaro en Navarra conta xa con 1.600 adhesións
A manifestación que o vindeiro sábado 15 de maio reivindicará polas rúas de Pamplona o dereito a vivir en éuscaro na Comunidade Foral segue recibindo apoios procedentes de todos os ámbitos da sociedade navarra.
Fonte: Noticias de Navarra
O Goberno foral destina 149.000 euros para financiar actividades da Real Academia da Lingua Vasca en Navarra
O Goberno de Navarra e a Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia prorrogaron o convenio de colaboración entre ambas as institucións para 2010, segundo o cal o Executivo foral destinará 149.000 euros para financiar as actividades referentes ao éuscaro que a academia desenvolve en Navarra.
Fonte: 20minutos
Esquerra Republicana levará ao Congreso o uso das linguas cooficiais
Esquerra Republicana (ERC) reactivará proximamente no Congreso a súa reivindicación sobre o uso das linguas cooficiais na Cámara Baixa tras admitirse a trámite unha proposta neste sentido no Senado a instancias do seu partido, adscrito ao grupo Entesa Catalana del Progrés (PSC, ERC e ICV).
Fonte: Galicia Hoxe
O Congreso insta o Goberno español a adaptar ao braille a etiquetaxe dos produtos farmacéuticos

A Comisión de Políticas Integrais da Discapacidade do Congreso aprobou por unanimidade unha proposición non de lei pola que insta o Goberno español a adaptar ao braille a etiquetaxe dos produtos farmacéuticos para garantir a súa accesibilidade e a establecer un réxime sancionador que asegure a súa aplicación.
Fonte: Europa Press
Presentan Onescat, un curso para aprender catalán a través da radio
Bernat Joan, secretario de Política Lingüística e presidente do Consorcio para a Normalización Lingüística; Iolanda Pineda, alcaldesa de Salt, e Francesc Triola, director xeral de COMRàdio, presentaron en Salt o curso de catalán inicial para radio Onescat.
Fonte: Generalitat de Catalunya
O pleno do Parlamento de Navarra rexeita unha moción para garantir a elección de modelo lingüístico
O pleno do Parlamento de Navarra rexeitou unha moción de NaBai que lle pedía á Cámara que declarase a súa vontade de garantir o dereito dos pais a elixir o modelo lingüístico educativo para os seus fillos e instase o Goberno a promover iniciativas e recursos para o modelo D.
Fonte: Diario de Navarra
A Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia publica os primeiros tomos do atlas dos dialectos do éuscaro
Euskaltzaindia, a Real Academia da Lingua Vasca, presentou en Bilbao os dous primeiros tomos do Atlas de las variedades locales del euskera-Euskararen Herri Hizkeren Atlasa (EHHA), amplo traballo no que se recolle material escrito e sonoro obtido durante a investigación do éuscaro dialectal oral levada a cabo entre 1987 e 1992 en 145 municipios euscaldúns.
Fonte: Noticias de Navarra
Boletín
Subscríbase ao boletín