España
O programa de asistencia lingüística da Deputación de Valencia cumpre 10 anos de fomento do valenciano
O programa de asistencia técnica en materia lingüística da Deputación de Valencia comeza a súa décima edición co obxectivo de fomentar a promoción do valenciano a concellos e comercios, segundo informou a corporación provincial nun comunicado.
Fonte: Europa Press
Os alumnos da Universidade de Almería poderán obter títulos con mención bilingüe
Os alumnos da Universidade de Almería teñen unha posibilidade, sempre voluntaria, de conseguir unha mención bilingüe para o seu título. Para logralo, será necesario cursar 120 créditos da carreira noutra lingua.
Fonte: Ideal
Unha empresa crea un sistema de alertas en lingua de signos para o móbil
MoviLSE é un servizo desenvolvido por Catarsis Producciones, unha empresa madrileña especializada en produtos multimedia para persoas xordas e cegas, que consiste nun sistema de alarmas que se envían diariamente ao móbil en formato de enlace.
Fonte: El Mundo
Google incorpora o éuscaro ao seu tradutor
A ferramenta de tradución do buscador de Google xa dá a opción de traducir textos de 60 idiomas diferentes ao éuscaro. Grazas á ferramenta de Google, poderanse traducir textos, páxinas web e documentos a través de internet.
Fonte: EiTB
A Chunta Aragonesista reivindica o patrimonio lingüístico de Aragón e o desenvolvemento da Lei de linguas
CHA e Chobentú Aragonesista reivindicaron o carácter trilingüe de Aragón coas xornadas “País de tres lenguas/País de Tres Luengas/ Pais de Tres Llengües” celebradas en Morillo de Tou (Sobrarbe).
Fonte: Aragón Digital
O Goberno catalán e o Consulado da República Dominicana traballan xuntos para fomentar o uso e o coñecemento da lingua catalá
O vicepresidente do Goberno catalán presidiu a sinatura dun acordo entre a Secretaría de Política Lingüística e o Consulado da República Dominicana que establece as liñas de traballo para fomentar e difundir a realidade lingüística de Cataluña.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Máis de 3.000 mensaxes de correo electrónico piden máis asturiano na Radio Televisión Pública de Asturias
A Xunta pola Defensa da Lingua Asturiana cualifica de éxito a campaña de envío masivo de correos electrónicos, con máis de 3.000 mensaxes enviadas aos directivos do ente público.
Fonte: Asturies.com
O Concello de Zaragoza adapta a súa web á lingua de signos española
A páxina web do Concello de Zaragoza conta con seis servizos adaptados á lingua de signos española. A través de varios vídeos, o colectivo de persoas xordas poderá acceder aos contidos do mapa web, a benvida do alcalde, Zaragoza sen barreiras, turismo, queixas e suxestións, e xuventude.
Fonte: El Periódico de Aragón
A exención total do éuscaro limitarase a alumnos de bacharelato
Os alumnos de bacharelato que cheguen a Euskadi procedentes doutra comunidade autónoma ou do estranxeiro e que se integren no sistema educativo vasco quedarán exentos tanto do ensino como da avaliación do éuscaro. Nas etapas da ensinanza obrigatoria este tipo de escolares estudarán a lingua vasca.
Fonte: El País
O 44 % dos mozos inmigrantes sabe falar catalán
O 43,6 % dos mozos nacidos no estranxeiro pero residentes en Cataluña sabe falar catalán. Esta porcentaxe extráese da enquisa de usos lingüísticos de 2008 e inclúese no recente informe Llengua i joves da Generalitat de Catalunya.
Fonte: El Periódico
Boletín
Subscríbase ao boletín