España
O Parlamento de Cataluña aproba por unanimidade a lei da lingua de signos catalá
O Parlamento catalán aprobou por unanimidade a lei da lingua de signos catalá, o que significa o recoñecemento desta lingua como o sistema lingüístico propio das persoas xordas e xordo-cegas de Cataluña.
Fonte: La Vanguardia
A Junta de Castilla y León regulará a protección, uso e promoción da lingua leonesa
O portavoz de Cultura do grupo socialista nas Cortes de Castela e León, José Ignacio Martín Benito, mostrou a súa satisfacción polo acordo por unanimidade alcanzado para que a Junta de Castilla y León regule a protección, uso e promoción do leonés, en cumprimento do artigo 5.2. do Estatuto de Autonomía da comunidade.
Fonte: Gente
O Servizo Vasco de Saúde estuda que a tarxeta sanitaria indique se o usuario prefire ser atendido en éuscaro ou castelán
O Servizo Vasco de Saúde-Osakidetza está estudando a posibilidade de incluír na Tarxeta Individual Sanitaria (TIS) de cada usuario a preferencia lingüística dos cidadáns, de forma que poida coñecerse así se desexa ser atendido en éuscaro ou castelán.
Fonte: Europa Press
O Goberno foral e a Universidade de Navarra impulsan o éuscaro entre os futuros xornalistas
O Goberno foral e a Universidade de Navarra asinaron un convenio de colaboración para impulsar a formación en éuscaro dos futuros xornalistas.
Fonte: ABC
Un de cada dez colexios murcianos será bilingüe o vindeiro curso
A Rexión de Murcia segue apostando polas ensinanzas bilingües. O conselleiro de Educación, Formación e Emprego, Constantino Sotoca, confirmou que o próximo curso se duplicará o número de centros educativos de infantil e primaria que impartirá ensinanza bilingüe na rexión, de forma que un de cada dez centros será bilingüe.
Fonte: La Verdad
A localidade pacense de Olivenza recuperará o nome das súas rúas en portugués
A localidade de Olivenza recuperará o nome das súas rúas en portugués, unha iniciativa presentada ante as institucións políticas municipais por parte da asociación cultural Além Guadiana.
Fonte: Europa Press
Os docentes piden que todos os centros de educación infantil impartan lingua asturiana
O novo currículo oficial de infantil non inclúe a materia de asturiano, polo que os centros que solicitan un profesor para ofertar a materia reciben unha negativa da Consellería de Educación. Porén, dáse a circunstancia de que os colexios que xa tiñan asturiano antes da entrada en vigor deste currículo manteñen os seus docentes e seguen ensinando esta lingua.
Fonte: La Voz de Asturias
O Goberno de Castela-A Mancha promove o español como recurso económico na rexión
O Goberno rexional considera o sector do español un recurso económico en Castela-A Mancha como unha importante fonte de riqueza, desenvolvemento social, promoción económica e cultural da rexión.
Fonte: La Cerca
Oito de cada dez vascos utilizan o castelán para comunicarse

Cerca de oito de cada dez vascos utilizan principal ou exclusivamente o castelán para comunicarse cos seus familiares e amigos, segundo os resultados do último Sociómetro do Goberno vasco. O uso do éuscaro é algo maior nas relacións de amizade que nas relacións familiares.
Fonte: El Correo
A viceconselleira vasca de Política Lingüística admite que hai queixas pola atención en éuscaro na Sanidade e na Ertzaintza
A viceconselleira vasca de Política Lingüística, Lourdes Auzmendi, admitiu que existen «queixas» de usuarios descontentos á hora de recibir atención en éuscaro en sectores como a Ertzaintza ou a sanidade pública.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín