España

Cen profesores universitarios critican a política sobre o éuscaro nun manifesto

Case un centenar de profesores universitarios subscribiron un manifesto no que critican que o sistema educativo vasco está "tratando de impoñer uns criterios ideolóxicos determinados" que prexudican o éuscaro.

Fonte: El País

País Vasco

O Síndic de Greuges (Valedor do Pobo) investiga a falta de oferta docente en valenciano

Escola Valenciana presentou o pasado 1 de xuño una queixa ante o Síndic de Greuges polos problemas que teñen os pais para matricular os seus fillos en valenciano. O Síndic, José Cholbi, non só acepta a queixa, senón que anuncia a apertura dunha investigación.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

Cataluña abre un espazo web para que as empresas fomenten o catalán

A Secretaría de Política Lingüística da Consellería da Vicepresidencia da Generalitat de Catalunya abriu un espazo dentro da web 'Llengua Catalana' para que as empresas incorporen actuacións relacionadas co fomento do uso do catalán nos seus programas de responsabilidade social.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Panticosa acolle unha xornada participativa para difundir a realidade trilingüe aragonesa

A primeira edición do "Charraire Fest", celebrado o pasado 12 de xuño en Panticosa, presentouse como unha xornada participativa con múltiples actividades festivas e culturais arredor da "realidade trilingüe aragonesa".

Fonte: Diario del Alto Aragón

Aragón

Valladolid abrirá unha Oficina da Lingua destinada aos estudantes de español estranxeiros

Valladolid vai abrir, antes do final do verán, unha Oficina da Lingua destinada a promover a capital de Castela e León como lugar de ensino do idioma español para estudantes estranxeiros.

Fonte: Expreso

Castela e León

Os membros da Rede europea para a Promoción da Diversidade Lingüística comparten estratexias de formación para adultos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia participou estes días no encontro que a Network to Promote Linguistic Diversity (NPLD) organizou en Donostia e que tivo como eixe temático a aprendizaxe e o ensino de linguas para adultos.

Fonte: Xunta de Galicia

País Vasco

A Universidade de Salamanca crea un programa para potenciar o plurilingüismo entre a comunidade universitaria

A Universidade de Salamanca puxo en marcha unha Mesa de Política Lingüística destinada ao fomento da diversidade lingüística e cultural e á potenciación da aprendizaxe de idiomas por parte da comunidade universitaria.

Fonte: ABC

Castela e León

O Parlamento español rexeita que catalán, galego e éuscaro sexan oficiais na UE

A Comisión Mixta Congreso-Senado para a UE rexeitou unha moción de CiU na que se pide promover unha reforma do regulamento lingüístico comunitario para que o catalán, o galego e o éuscaro sexan oficiais nas institucións europeas.

Fonte: EcoDiario

Xeral

Cataluña necesitará un 30 % máis de profesores de catalán a causa da inmigración

Cataluña necesitará un 30 % máis de profesores de catalán "como mínimo" nos próximos anos, pola entrada en vigor da Lei de acollida de inmigrantes, que pide un nivel básico para acreditar a integración, e pola xubilación de profesores de secundaria.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O 55 % das materias de 1.º da Universidade Pública de Navarra poderá estudarse en éuscaro e o 16 % en inglés

A Universidade Pública de Navarra deseñou un plan para os primeiros cursos (ou os dous primeiros semestres) de 12 dos 16 graos adaptados ao Espazo Europeo de Educación Superior que impartirá o próximo curso, co obxectivo de que os alumnos teñan a opción de estudar en éuscaro en 72 materias e en inglés en 40.

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder