España
O secretario de Política Lingüística da Xunta de Galicia presenta o novo marco educativo para o sistema non universitario galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, presentou en Valencia o novo marco educativo no sistema non universitario de Galicia, o Decreto 79/2010. Fíxoo durante a I Xornada sobre Plurilingüismo na Comunidade Valenciana.
Fonte: Xunta de Galicia
A ministra de Cultura anuncia axudas a películas rodadas nas linguas cooficiais
A ministra de Cultura, Angeles González-Sinde, apoiou as decisións do Parlamento catalán respecto da lei de cine. Ademais destacou que "o Ministerio na súa Lei de cine tamén ten previstas axudas a películas en versión orixinal e en linguas cooficiais".
Fonte: Galicia Hoxe
Escolares estremeños aprenden portugués realizando actividades lúdicas nun campamento de Badaxoz
Alumnos de idades comprendidas entre 10 e 15 anos asisten a un campamento de verán que se está a celebrar na cidade de Badaxoz, en réxime de internado, onde aprenden o idioma e a cultura portuguesas dun xeito lúdico, participativo e divertido.
Fonte: Europa Press
Unha asociación sitúa o asturiano ao bordo da extinción
A Asociación pola Defensa das Linguas e as Culturas Ameazadas pediu por unanimidade que se respectasen os dereitos dos falantes de asturiano. Nunha resolución feita pública pola asociación, solicitaron unha serie de medidas ao presidente do Principado de Asturias baseándose na "vontade dunha gran maioría de asturianos que, despois de anos, reclama o respecto aos seus dereitos como falantes de asturiano".
Fonte: La Voz de Asturias
Cinco institutos estremeños empezarán a impartir unha terceira lingua estranxeira o próximo curso con carácter experimental
Con carácter experimental, cinco institutos de ensino secundario (IES) comezarán a impartir unha terceira lingua estranxeira de cara ao próximo curso, concretamente, catro deles portugués e un alemán.
Fonte: Región Digital
As tarxetas sanitarias catalás incorporarán o braille antes de final de ano
As tarxetas sanitarias individuais (TSI) catalás incorporarán a linguaxe braille entre aqueles que o soliciten antes de finais deste ano, segundo unha resolución aprobada no Parlamento por iniciativa da Asociación Catalá para a Integración do Cego (ACIC).
Fonte: Europa Press
A organización Xuristas polo Asturiano pide no Congreso que Televisión Española emita en asturiano as súas desconexións
A organización de Xuristas polo Asturiano acaba de presentar un texto no que lle esixe a Televisión Española que cambie a política de emisións desde o Centro Territorial de Asturias, xa que estas retransmisións se fan en castelán e non en asturiano.
Fonte: Asturnews
A Secretaría de Política Lingüística de Cataluña crea un Punto de atención á empresa para promover o catalán
A Secretaría de Política Lingüística puxo en marcha o Punto de atención á empresa. Trátase dun espazo de atención personalizada a empresas e persoas emprendedoras que ten como obxectivo facilitar a xestión lingüística no ámbito empresarial.
Fonte: Generalitat de Catalunya
A Generalitat Valenciana impulsa e fomenta o uso do valenciano nas institucións europeas
O secretario autonómico de Relacións co Estado e coa Unión Europea, Rafael Ripoll, subliñou “o esforzo do Consell en impulsar e fomentar o uso do valenciano dentro e fóra das nosas fronteiras, especialmente nas institucións europeas”.
Fonte: El Periòdic
O Goberno vasco subvencionará con 1.600.000 euros máis de 150 proxectos destinados á normalización do éuscaro
A conselleira de Cultura, Blanca Urgell, participou na inauguración do curso Euskara 2.0, organizado pola Viceconsellería de Política Lingüística, en colaboración coa Universidade do País Vasco, onde se analizarán a importancia de aplicar as novas tecnoloxías e a web 2.0 para impulsar a normalización das linguas minoritarias.
Fonte: Europa Press
Boletín
Subscríbase ao boletín