España
As queixas por non poder estudar en valenciano chegan ao Valedor do Pobo da Comunidade Valenciana
A Plataforma en Defensa do Ensino Público entregoulle ao Síndic de Greuges (Valedor do Pobo da Comunidade Valenciana), José Cholbi, as primeiras queixas dos alumnos que queren estudar en valenciano e que non poden porque a Consellería de Educación no lles garante o seu dereito.
Fonte: El País
Vitoria potenciará o uso do éuscaro con cursos para inmigrantes ou comerciantes
A aprendizaxe da lingua vasca na capital alavesa será desde agora máis cómoda e barata para os vitorianos grazas á campaña 'Euskaraz maite zaitut' (Quérote en éuscaro), presentada polo Concello.
Fonte: El Correo
O Tribunal Superior de Xustiza de Navarra volve ditaminar que o éuscaro se valore como mérito nas oposicións
Os xuíces volveron ditaminar que o coñecemento do éuscaro debe ser valorado como mérito nas convocatorias de emprego público. Así consta nunha nova sentenza asinada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra relacionada cunhas oposicións convocadas polo Servizo Navarro de Saúde-Osasunbidea.
Fonte: Noticias de Navarra
A Confederación Estatal de Persoas Xordas denuncia falta de intérpretes de lingua de signos en verán
A Confederación Estatal de Persoas Xordas (CNSE) denunciou a falta de intérpretes de lingua de signos, problema que en verán se agudiza polas vacacións estivais.
Fonte: EcoDiario
O vicepresidente da Generalitat de Catalunya constata a internacionalización "extraordinaria" do catalán
O vicepresidente da Generalitat de Cataluña, Josep Lluís Carod-Rovira, constatou a difusión "extraordinaria" do catalán e a súa consolidación como unha lingua de prestixio no mundo, durante o balance en Barcelona das políticas lingüísticas da Generalitat desde 2004.
Fonte: Europa Press
A televisión autonómica balear IB3 planea que o castelán regrese ás películas desta canle
A volta do castelán á programación de IB3 podería facerse realidade moi pronto, xa que a canle autonómica balear fará todo o posible para que os programas poidan verse en castelán, mediante un sistema multilingua ou dual.
Fonte: El Mundo
A web do Goberno de Navarra acolle un dicionario para falar en éuscaro cos nenos
O Goberno de Navarra colgou na súa páxina web un dicionario para falar con nenos en éuscaro ideado polo persoal do ciclo de 0 a 3 anos e que inclúe ademais un CD con cancións que se pode tamén descargar.
Fonte: ABC
O Goberno vasco destina 756.558 euros para materiais escolares dixitais en éuscaro
O Consello do Goberno vasco aprobou unha orde pola que se convocan axudas para a produción e a súa posterior difusión na web Eskola 2.0 de materiais escolares dixitais en éuscaro de niveis non universitarios (EIMA 2.0).
Fonte: Europa Press
Preséntase un novo dicionario sobre gastronomía alavesa en dez linguas para mellorar o servizo hostaleiro
A asociación empresarial Álava Incoming presentou un novo dicionario gastronómico que traduce a dez idiomas diferentes os principais pratos e ingredientes da gastronomía alavesa: éuscaro, inglés, francés, alemán, holandés, sueco, italiano, portugués, galego e catalán.
Fonte: ABC
O Goberno navarro aproba 20.592 euros para desenvolver o programa Lingua Empresa
Trátase dun programa piloto, impulsado en 2008 polo Servizo Navarro de Emprego, que ten por obxectivo desenvolver un modelo de formación en idiomas con fins profesionais para potenciar as competencias lingüísticas dos traballadores navarros e así contribuír ao reforzo da competitividade e a internacionalización das empresas.
Fonte: ABC
Boletín
Subscríbase ao boletín