España

Colectivos en favor do éuscaro convocan unha concentración en Donostia

Euskal Herrian Euskaraz e Bai Euskal Herriari convocaron unha concentración contra a política sobre o éuscaro do Concello de Donostia que, baixo o lema 'Odon, you need Spain, baina gu euskaldunak gara! (Odón, ti necesitas España, pero nós somos vascos), se celebra o venres 20 de agosto.

Fonte: Deia

País Vasco

Crean unha ruta polos lugares da lingua española

A Fundación Camiño da Lingua Castelá preparou un catálogo con varios paquetes turísticos sobre esta ruta, que trata de ser unha viaxe para descubrir o berce, os silencios e os trazos máis axitados do castelán.

Fonte: Público

Xeral

Denuncian ante a Inspección de Traballo o bloqueo do plan para fomentar o éuscaro en Metro Bilbao

O comité de empresa denunciou ante a Inspección de Traballo a paralización en que se atopa o Plan de Éuscaro que debía poñerse en marcha dentro de Metro Bilbao.

Fonte: Deia

País Vasco

O Valedor do Pobo recorre a lei catalá de inmigración porque fixa o catalán como lingua preferente da aprendizaxe

A valedora do pobo en funcións, María Luisa Cava de Llano, recorreu ante o Tribunal Constitucional a Lei catalá de acollida de inmigrantes porque fixa o catalán como lingua preferente no proceso de aprendizaxe dos estranxeiros empadroados en Cataluña.

Fonte: El País

Cataluña

Catorce colexios de Aragón súmanse a dar clases dun segundo idioma en primaria

Catorce colexios de todo Aragón sumaranse en setembro ao programa de ensino de idiomas que permite que os nenos aprendan unha segunda lingua desde quinto de primaria, no canto de esperar a secundaria.

Fonte: Heraldo

Aragón

Máis de 1300 centros escolares cataláns potencian o uso dunha terceira lingua

Un total de 300 centros educativos adheriuse ao Plan experimental de linguas estranxeiras, de xeito que xa son 1345 os centros que, en Cataluña, potencian o uso dunha terceira lingua mediante distintos proxectos.

Fonte: ABC

Cataluña

Sete de cada dez alumnos de educación infantil asturianos estudan xa unha lingua estranxeira

Sete de cada dez alumnos asturianos menores de seis anos xa estudan unha lingua estranxeira no colexio. Os centros asturianos só ofrecen inglés, pero outras rexións tamén teñen francés e alemán.

Fonte: La Voz de Asturias

Asturias

O Valedor do Pobo de Valencia reprende a Generalitat por discriminar o valenciano

O valedor do Pobo valenciano (Síndic de Greuges), José Cholbi, reprendeu a Generalitat por vulnerar a Lei de uso e ensino do valenciano nunha queixa por discriminación lingüística. O valedor recordoulle ao Goberno que o Estatuto o obriga a "respectar e protexer a recuperación do valenciano".

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

Esquerda Unida pide a comparecencia do conselleiro de Educación para debater sobre a situación do valenciano

A deputada de Esquerda Unida nas Cortes, Marina Albiol, anunciou que a seva formación solicitará a comparecencia na cámara do conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora, para debater sobre a situación do valenciano.

Fonte: El Punt

Comunidade Valenciana

O presidente do grupo de comunicación Mediapro pide incentivar o consumo de cine en catalán rebaixando as entradas

O presidente de Mediapro, Jaume Roures, instou a que a Lei do cine aprobada en xullo polo Parlamento catalán incorpore medidas para incentivar o consumo de cine en catalán, entre as que propuxo a creación dunha rede pública de salas de cine e a posibilidade de que as entradas sexan máis baratas.

Fonte: El Mundo

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder