España

Uns 4.300 funcionarios madrileños farán cursos de idiomas este ano

Uns 4.300 funcionarios madrileños participarán nos dezaoito cursos de lingua estranxeira organizados a través do programa de idiomas do Instituto Madrileño de Administración Pública (IMAP), informou a Comunidade.

Fonte: ABC

Madrid

Asturias destina 20.000 euros á tradución de obras en asturiano a outras linguas

O Boletín Oficial do Principado de Asturias publicou a resolución da Consellería de Cultura e Turismo do Goberno de Asturias pola que se conceden e denegan subvencións para o fomento da tradución e/ou edición noutras linguas de obras escritas orixinalmente en asturiano ou galego-asturiano.

Fonte: Asturnews

Asturias

Oito novos colexios estremeños impartirán unha segunda lingua estranxeira e cinco institutos, unha terceira

Oito novos colexios impartirán, con carácter experimental, unha segunda lingua estranxeira no terceiro ciclo de educación primaria, mentres que outros cinco institutos de ensino secundario (IES) comezarán a impartir unha terceira lingua estranxeira o próximo curso, catro deles portugués e un alemán.

Fonte: ABC

Estremadura

O novo Código de consumo catalán promove a etiquetaxe en braille

A nova lei do Código de consumo de Cataluña, que entrou en vigor o 23 de agosto, insta a garantir o acceso de persoas cegas á información sobre bens e servizos, e obriga a incluír o braille na etiquetaxe de produtos que afectan a saúde e a seguridade dos consumidores.

Fonte: Eurocarne Digital

Cataluña

O Goberno de Canarias buscará potenciar o bilingüismo nas aulas do arquipélago

O Goberno de Canarias mostrou, a través das palabras do seu presidente Paulino Rivero, a súa clara intención de potenciar o bilingüismo nas aulas canarias. Rivero indicou ao finalizar a súa xuntanza con representantes do sector educativo que será necesario que os alumnos do arquipélago manexen polo menos dous idiomas.

Fonte: RTVC

Illas Canarias

IKEA publica o seu catálogo por primeira vez nas catro linguas oficiais españolas

A compañía sueca líder en venda de mobles IKEA publicou o seu catálogo de 2011 por primeira vez nas catro linguas oficiais do país: castelán, catalán, éuscaro e galego.

Fonte: La Información

Xeral

A Generalitat de Catalunya esixiralles o dominio do catalán aos profesores universitarios

O decreto que esixirá ter o nivel C de catalán -que equivale ao dominio da lingua nunha escala entre A e D- aos novos profesores universitarios fixos e aos eventuais que deban renovar os seus contratos aprobarase en plena precampaña electoral en Cataluña.

Fonte: El País

Cataluña

O portugués xa ten máis alumnos có francés en Estremadura

A aposta polo ensino da lingua portuguesa en Estremadura está a ter resultados. Segundo o Goberno da rexión, os alumnos que estudan portugués superaron por primeira vez os que optan polo francés.

Fonte: Diário de Notícias

Estremadura

O Concello de Bilbao enviará 5.600 folletos a varias familias para sensibilizalas sobre a importancia do éuscaro

A área de Éuscaro do Concello de Bilbao enviará cerca de 5.600 folletos informativos a domicilios de familias con fillos nacidos en 2008 e 2009, co obxectivo de "sensibilizar os pais e nais sobre a importancia de fomentar o uso do éuscaro no contorno familiar".

Fonte: Europa Press

País Vasco

Un total de 52.000 alumnos poderá estudar idiomas nas 42 escolas oficiais de Cataluña este curso

Un total de 51.900 cataláns poderá apuntarse nalgunha das 42 escolas oficiais de diomas (EOI) da Generalitat de Catalunya. O idioma con máis prazas adxudicadas é o inglés -con 25.470-, seguido polo francés -9.750- e o alemán -7.710-.

Fonte: Europa Press

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder