España

O Consello de Garantías Estatutarias avala a lei do aranés

O Consello de Garantías Estatutarias considera que a lei do aranés se axusta ao Estatuto e á Constitución. A norma non se puido aprobar no último pleno porque o PP solicitara un ditame do Consello.

Fonte: Avui

Cataluña

O conselleiro valenciano de Educación propón revisar o modelo lingüístico do ensino

O conselleiro valenciano de Educación, Alejandro Font de Mora, afirmou que o modelo lingüístico do ensino que existe na Comunidade Valenciana é "insostible desde o punto de vista económico", xa que pretender ter unha liña en valenciano e outra en castelán en todas as partes "non se sostén".

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

Un estudo afirma que o 25,1 % dos inmigrantes asentados en Cataluña ve televisión en catalán

Unha cuarta parte dos inmigrantes asentados en Cataluña ve a televisión en catalán, segundo un estudo baseado en datos do Barómetro da Comunicación e a Cultura.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O Goberno español promove o coñecemento do valenciano entre os seus funcionarios na Comunidade Valenciana

A directora do Instituto Nacional de Administración Pública, Pilar Arranz, e o conselleiro de Educación da Generalitat Valenciana, Alejandro Font de Mora, asinaron un convenio para a promoción do coñecemento do valenciano entre os funcionarios da Administración Xeral do Estado na Comunidade Valenciana.

Fonte: La Razón

Comunidade Valenciana

O anteproxecto de candidatura a capital europea da cultura de Murcia 2016 aposta pola aprendizaxe de idiomas desde os tres anos

O anteproxecto de candidatura de Murcia como capital europea da cultura 2016, copresentado polo Concello de Murcia, o Goberno rexional, a Universidade de Murcia, a Universidade Católica San Antonio, Cajamurcia e Caja Mediterráneo, prevé iniciativas dentro das áreas de linguas e literatura para a aprendizaxe de idiomas desde os tres anos.

Fonte: La Opinión de Murcia

Murcia

Publican manuais de conversación en éuscaro para ingleses e franceses

O filólogo de Gasteiz Garikoitz Knörr de Santiago acaba de publicar senllos manuais de conversación inglés-éuscaro e francés-éuscaro. Xa hai dez anos escribira unha guía similar castelán-éuscaro.

Fonte: Diariovasco

País Vasco

O presidente do Goberno español rexeita as queixas de Estados Unidos sobre o uso do catalán

O presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, "non está de acordo" co informe sobre Dereitos Humanos do Departamento de Estado de Estados Unidos en que se recollían queixas e se advertía sobre a suposta vulneración de dereitos cidadáns pola política de normalización lingüística do catalán en Cataluña e Baleares.

Fonte: El País

Xeral

O ensino de español xera un impacto próximo aos 80 millóns de euros en Castela e León

O ensino do español para estranxeiros supón un impacto económico próximo aos 80 millóns de euros en Castela e León, que anualmente recibe a uns 45.000 estudantes foráneos que veñen a aprender o idioma.

Fonte: ABC

Castela e León

A Junta de Extremadura crea 35 novas seccións bilingües en centros educativos

A Consellería de Educación da Junta de Extremadura autorizou a creación de 35 novas seccións bilingües de inglés en 34 centros educativos, de maneira que, para o próximo curso 2010/11, serán 114 as seccións bilingües de inglés ou francés que estarán en funcionamento.

Fonte: ABC

Estremadura

O colectivo Fala Ceibe propón que a Lei da comarca do Bierzo recoñeza a lingua galega

As Cortes castelás de Valladolid están no proceso de reformar a Lei da comarca do Bierzo e diversos colectivos, entre eles Fala Ceibe, reclaman que no novo texto se recoñeza o galego como idioma natural da rexión.

Fonte: Galicia Hoxe

Castela e León

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder