España
Escola Valenciana di que o 65 % do alumnado estudará este curso só en castelán e pide un modelo plurilingüe único
O 65 por cento dos 450.075 alumnos de infantil e primaria que comeza o curso na Comunidade Valenciana estudará "exclusivamente en castelán, é dicir, nun programa monolingüe (PIP) que non se adapta ás necesidades educativas da sociedade valenciana do século XXI".
Fonte: 20 minutos
Máis de 40 centros navarros reforzan o seu ensino de inglés en educación primaria
Un total de 42 escolas públicas de Navarra participa este ano nun plan innovador de reforzo do ensino do inglés nas aulas que puxo en marcha o departamento de Educación.
Fonte: Diario de Navarra
O portugués implantarase como segunda lingua estranxeira en seis institutos da provincia de Huelva neste curso
O portugués implantarase como segunda lingua estranxeira nun total de seis institutos públicos de educación secundaria da provincia onubense neste curso escolar 2010-2011, grazas a un programa posto en marcha pola Consellería de Educación da Junta de Andalucía.
Fonte: Europa Press
O Goberno de Cataluña flexibiliza a acreditación do catalán para o profesorado universitario
A Generalitat de Catalunya aprobou un decreto co que flexibiliza a acreditación do coñecemento do catalán para o profesorado universitario, deixando marxe aos centros para certificar a competencia lingüística ata de cinco maneiras diferentes.
Fonte: ADN
O catalán é a décima lingua en tradución
O catalán está situado como a décima lingua en tradución, a oitava na blogosfera e a vixésima en edición no mundo. Estes son algúns dos datos que se desprenden do balance da Secretaría de Política Lingüística 2004-2010 que presentou o vicepresidente do Goberno catalán, Josep Lluís Carod-Rovira.
Fonte: Avui
O Congreso pide por unanimidade que a Real Academia Galega teña unha partida nos presupostos estatais desde 2011
A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados aprobou por unanimidade unha proposición non de lei para instar o Goberno a consignar nos Presupostos Xerais do Estado, a partir de 2011, unha partida específica para a Real Academia Galega (RAG), igual que a que xa perciben estas institucións en Cataluña e o País Vasco.
Fonte: Europa Press
A falta de liñas na educación secundaria obrigatoria deixa a 95.000 alumnos sen estudar en valenciano
A demanda de ensino en valenciano crece entre os alumnos e, tamén, o número deles que quedan sen proseguir os seus estudos na lingua autóctona. O novo curso na educación secundaria obrigatoria (ESO), xunto co bacharelato e a formación profesional (FP), volve destapar a falta de liñas, como veu ocorrendo nos últimos anos nesta comunidade.
Fonte: Levante
A canle IB3 comeza a emitir películas en formato multilingüe
IB3 comeza a emitir películas en formato multilingüe, o que permitirá aos espectadores das Illas Baleares seguir as longametraxes do espazo 'Cinema' en catalán, castelán ou na súa versión orixinal.
Fonte: Formula TV
A Generalitat de Catalunya dará a coñecer o catalán aos turistas a través dos comercios
A Generalitat de Catalunya e a Confederación de Comercio de Cataluña presentaron a campaña 'Oberts al català' (Abertos ao catalán), dirixida aos turistas e aos profesionais do comercio, especialmente aos de orixe estranxeira.
Fonte: Europa Press
Tan só un 6,8 % dos alumnos de primaria da concertada estuda asturiano
O 56,6 % dos alumnos de primaria na escola pública asturiana matriculouse este curso na materia de Lingua asturiana, unha porcentaxe superior nun punto á do pasado ano. Pero as cifras, na concertada, seguen sendo especialmente baixas, con tan só un 6,8 % do total de matriculados.
Fonte: La Nueva España
Boletín
Subscríbase ao boletín