España
Un libro de estilo axudará aos xuíces a emitir sentenzas en catalán
Un libro de estilo axudará a partir de agora aos xuíces a emitir as sentenzas en catalán, xa que durante os últimos anos só se emite neste idioma unha de cada cinco sentenzas.
Fonte: ABC
O Goberno de Cataluña destina un millón de euros a fomentar o catalán entre os inmigrantes
O Goberno de Cataluña aprobou outorgar unha subvención dun millón de euros ao Consorcio para a Normalización Lingüística co fin de fomentar a aprendizaxe do catalán entre os inmigrantes.
Fonte: Avui
O Parlamento catalán recoñece a oficialidade do aranés
O Parlamento de Cataluña aprobou a Lei do Occitano (aranés en Arán), que recoñece o aranés como lingua oficial de Cataluña e se compromete a implicarse na protección e difusión da lingua propia do Val de Arán.
Fonte: Europa Press
Un estudo determina que os habitantes das Illas Baleares falan 160 linguas
O estudo As linguas nas Illas Baleares. Anos 2008-2010 realizado por Linguamón-Casa das Linguas e a Universidade das Illas Baleares (UIB) determina que os habitantes das Illas falan máis de 160 linguas.
Fonte: ABC
O Goberno español prepara unha lei para atender o cidadán na súa propia lingua
O vicepresidente terceiro do Goberno español, Manuel Chaves, reiterou a vontade do Goberno de corrixir os fallos no uso de linguas cooficiais na Administración, e anunciou que o seu Ministerio prepara un proxecto de lei para que os cidadáns poidan dirixirse na súa lingua a determinados órganos do Estado.
Fonte: La Vanguardia
O dominio dunha lingua cooficial española será considerado mérito preferente na carreira xudicial
Saber galego, catalán ou vasco, ou coñecer Dereito Civil especial ou foral premiará na carreira xudicial. O borrador do novo regulamento da xudicatura introduce beneficios para os xuíces ou maxistrados que teñan formación específica nesta materia.
Fonte: La Voz de Galicia
España é o cuarto país da UE no que menos adultos falan idiomas estranxeiros
España é o cuarto país da UE en que menos adultos falan un idioma estranxeiro, por detrás de Romanía, Hungría e Portugal, segundo unha enquisa publicada por Eurostat, a oficina comunitaria de estatística.
Fonte: La Razón
Case 5.000 alumnos aragoneses estudan catalán na comunidade
Arredor de 5.000 escolares aragoneses estudan catalán este curso, o que supón un incremento de aproximadamente 100 alumnos respecto aos que cursaron o idioma, xa sexa como área ou materia do currículo, o pasado exercicio.
Fonte: El Periódico de Aragón
A Ertzaintza adopta un sistema que permite a tradución de 51 linguas
A Ertzaintza fixo oficial e comezou a estender a todos os seus centros un sistema telefónico de tradución simultánea para atender a cidadáns estranxeiros, despois de comprobar a súa eficacia durante os últimos seis meses, informou o departamento vasco de Interior.
Fonte: Diario Vasco
O Goberno vasco promoverá o uso do éuscaro ao longo dunha vintena de municipios grazas ao programa 'Kontalaria'
O Goberno vasco fomentará o uso do éuscaro no ámbito público grazas á posta en marcha do programa 'Kontalaria', que percorrerá a partir do día 2 de outubro unha vintena de municipios e terá como obxectivo paralelo a creación dun conto colectivo.
Fonte: Qué
Boletín
Subscríbase ao boletín