España

O Departamento vasco de Educación impulsa a produción de material dixital en éuscaro

O Departamento de Educación convocou axudas por importe de 756.558 euros para a produción de materiais escolares dixitais en éuscaro de niveis non universitarios, co fin de que poidan ser usados polos profesores a través da web "Eskola 2.0".

Fonte: ABC

País Vasco

O Goberno valenciano arrastra 35 sentenzas en contra por negarse a recoñecer o catalán

Un total de 35 sentenzas en contra arrastra o Goberno valenciano sobre o intento constante de eliminar a denominación do catalán en referencia á lingua dos valencianos. O Tribunal Superior de Xustiza (TSJ) da Comunidade sempre ditaminou que entra dentro da legalidade e non atenta contra o Estatuto de Autonomía a cualificación do catalán en referencia ao valenciano.

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

A Consellería de Educación do Goberno vasco amplía a máis colexios o marco de ensino trilingüe

O Goberno vasco abrirá nos próximos meses unha nova convocatoria para dar a máis centros educativos a oportunidade de experimentar o novo modelo trilingüe, que utiliza o castelán, o éuscaro e o inglés como linguas instrumentais para impartir as ensinanzas.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

Aragón contará cun centenar de auxiliares de lingua estranxeira

Aragón contará este curso con case cen auxiliares de conversación en lingua estranxeira, aos que destinará 431.000 euros. Un total de 141 centros educativos acollerá a nativos encargados de fomentar a destreza comunicativa entre os alumnos aragoneses en inglés, francés, alemán e italiano, así como o coñecemento da lingua e a súa cultura.

Fonte: El Periódico de Aragón

Aragón

As familias vascas apostan de forma maioritaria polo éuscaro para educar os seus fillos

Os datos de matriculación do curso 2010-2011 corroboran, un ano máis, a tendencia da última década: as familias vascas apostan maioritariamente polo ensino en éuscaro -principalmente polo modelo D- e que o modelo A está en franco declive nas preferencias de pais e nais.

Fonte: Deia

País Vasco

O 94 % das reclamacións ao Servizo vasco para a Garantía de Dereitos Lingüísticos foi por falta de atención ao éuscaro

O Servizo vasco para a Garantía de Dereitos Lingüísticos, Elebide, rexistrou en 2009 225 incidencias, das cales o 94 % foron queixas pola falta de atención en éuscaro.

Fonte: El Mundo

País Vasco

O conselleiro valenciano de Educación aposta pola educación trilingüe para a próxima lexislatura

O modelo de ensino trilingüe -castelán, valenciano, inglés- que defende a Generalitat Valenciana non se adoptará durante este curso, segundo informou o conselleiro de Educación, Alejandro Font de Mora, na presentación do novo exercicio escolar 2010-11.

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

Escola Valenciana pide que se atenda a demanda en valenciano antes que o inglés

O presidente de Escola Valenciana opina que o modelo trilingüe que busca o Goberno valenciano "sacrificará o valenciano como lingua vehicular para potenciar o inglés".

Fonte: Levante

Comunidade Valenciana

O Departamento de Educación da Generalitat de Catalunya ofrecerá cursos oficiais de inglés a distancia a partir de febreiro

A partir do próximo mes de febreiro será posible cursar os tres primeiros niveis de inglés a través do Institut Obert de Catalunya (IOC), segundo avanzou o director xeral de Ensinanzas Profesionais, Artísticas e Especializadas, Josep Francí.

Fonte: La Vanguardia

Cataluña

O 74 % das ofertas de emprego cualificado esixe falar inglés

O 74 % das ofertas de emprego cualificado fixa como requisito imprescindible dominar a lingua inglesa, mentres que o 33,7 % do total do traballo ofrecido esixe falar algún idioma, segundo a análise realizada por Adecco e Infoempleo sobre máis de 200.000 ofertas.

Fonte: Europa Press

Xeral

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder