España
O éuscaro computará en Navarra como mérito noutras dúas oposicións
O éuscaro terase que baremar como mérito para as prazas doutras dúas oposicións máis, a de auxiliares de enfermería e o concurso de traslado de celadores.
Fonte: Diario de Navarra
O Campus de Las Llamas recibe a máis de 200 novos alumnos que se formarán en lingua e cultura españolas
Os alumnos que cursarán do 2 ao 27 de agosto o curso intensivo de 'Lingua e cultura española', procedentes das universidades xaponesas de Seisen, en Tokio, e de Kanagawa, en Denver (Estados Unidos), entre outros países, terán durante a súa estancia leccións de gramática, español dos negocios, economía española, cine e política e tradución.
Fonte: 20 minutos
O catalán posiciónase como a oitava lingua da blogosfera

O "Balance de Política Lingüística 2004-2010" mostra a gran presenza do catalán na rede. O catalán é a oitava lingua na blogosfera, a décima en tradución, a décimo cuarta en presenza en Google e a décimo quinta en Wikipedia.
Fonte: La Vanguardia
Publican un caderno didáctico sobre o patrimonio lingüístico cántabro
A Asociación de Defensa dos Intereses de Cantabria (ADIC) publicou un caderno didáctico que recompila os diferentes estudos realizados sobre o patrimonio lingüístico cántabro, con 165 referencias bibliográficas.
Fonte: El Diario Montañés
A Obra Cultural Balear afirma que o Goberno das illas impulsará o plan de normalización lingüística
A Obra Cultural Balear (OCB) informou de que o presidente do Goberno, Francesc Antich, se comprometeu coa devandita entidade a impulsar o plan de normalización lingüística que aprobou o Consello Social da Lingua hai un ano.
Fonte: ABC
A Deputación Xeral de Aragón reestrutura o Departamento de Educación para aplicar a Lei de linguas
O Goberno fixo xa efectiva a nova estrutura do Departamento de Educación para dar cabida á Oficina das Linguas propias de Aragón. Encargarase da coordinación de todas as políticas que teñan que ver coa aplicación desta norma aprobada hai uns meses nas Cortes de Aragón.
Fonte: El Periódico de Aragón
Máis dunha trintena de colexios de Castela e León contarán con intérprete de lingua de signos
O Consello de Goberno autorizou unha partida de 530.556 euros para a contratación no curso 2010-2011 de 26 intérpretes de lingua de signos, en 35 centros educativos públicos con 62 alumnos con discapacidade auditiva en Castela e León.
Fonte: ABC
Outros 64 centros de Castela e León sumaranse o próximo curso á ensinanza bilingüe
A Junta autorizou a creación doutras 64 novas seccións bilingües en centros docentes de Castela e León para o próximo curso. Estes institutos que impartirán algunhas materias nun idioma estranxeiro elexiron o inglés, seguido do francés e o alemán.
Fonte: ABC
O colectivo cultural Fala Ceibe denuncia os problemas co ensino do galego no Bierzo
O colectivo cultural Fala Ceibe del Bierzo está informando de que continúan os problemas coa implantación do ensino da lingua galega. Neste sentido, están a recibir diversas queixas de membros da comunidade escolar berciana sobre as dificultades que encontran á hora de solicitar a materia de galego nos seus centros educativos.
Fonte: O Bierzo Ceibe
O Concello de Irún pon en marcha dúas novas campañas dentro do seu programa de fomento do éuscaro
O Concello de Irún puxo en marcha dúas campañas dirixidas ao fomento do uso do éuscaro en establecementos de hostalería e tendas de doces da cidade.
Fonte: Diario Vasco
Boletín
Subscríbase ao boletín