España

O Goberno vasco aproba o decreto que valora como mérito o éuscaro na Administración de Xustiza

O Goberno vasco aprobou o decreto de normalización lingüística na Administración de Xustiza de Euskadi, polo que o éuscaro se valorará como mérito con carácter xeral e só de forma especial se considerará como requisito de acceso e desempeño nos postos singularizados.

Fonte: ABC

País Vasco

Un estudo afirma que dous terzos da programación de 8TV se emiten en lingua castelá

A Plataforma pola Lingua Catalá realizou un estudo sobre os usos lingüísticos nas canles privadas de TDT de ámbito catalán que pon de manifesto a presenza minoritaria da lingua catalá en dúas destas canles: 8TV e RAC105 TV.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Cataluña

A nova Lei do cine de Cataluña impulsa a lingua catalá

O Parlamento catalán aprobou a nova Lei do cine de Cataluña, que establece que o 50 % das películas estranxeiras que se estreen na comunidade deberán estar dobradas ou subtituladas ao catalán.

Fonte: Noticine

Cataluña

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco crea a figura do tradutor e intérprete xurado de éuscaro

A Viceconsellería de Política Lingüística do Goberno vasco creou a figura profesional de tradutores e intérpretes xurados do éuscaro, xa que ata agora só existían do castelán a outras linguas e viceversa, pero non do éuscaro a outros idiomas ou ao revés.

Fonte: El Correo

País Vasco

Os colexios estranxeiros do País Vasco darán éuscaro como materia obrigatoria

Os colexios estranxeiros autorizados para impartir ensinanza en Euskadi deberán impartir éuscaro dentro do seu programa de materias obrigatorias. Os responsables educativos queren que estes centros implanten de forma progresiva o ensino da lingua vasca entre o próximo curso e o ano académico 2011-2012.

Fonte: Diario Vasco

País Vasco

O Consello de Goberno do Principado de Asturias aproba o minor de Asturiano

O Consello de Goberno do Principado de Asturias aprobou os novos graos universitarios, entre os que está o de Linguas Modernas e as súas Literaturas, no que se inclúe o minor de asturiano.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Instituto Navarro do Éuscaro concede 220.000 euros a medios de comunicación para promover a presenza do éuscaro

O Instituto Navarro do Éuscaro-Euskarabidea concederá axudas por valor de 220.000 euros a diversos medios de comunicación, tanto impresos, como radios, televisións e a través de internet, para promover "a progresiva presenza do éuscaro".

Fonte: Diario de Navarra

Navarra

Unha investigación científica relaciona o bilingüismo cunha mellor eficacia nas funcións executivas

O grupo de investigación de Neuropsicoloxía e Neuroimaxe Funcional da Universidade Jaume I de Castellón (UJI) describiu que as persoas bilingües son máis rápidas e eficientes en determinadas tarefas nas que se utilizan funcións executivas debido a unha diferente forma de control cerebral.

Fonte: El Mundo

Comunidade Valenciana

A Gomera recibe o certificado que declara o asubío desta illa como patrimonio da humanidade

A directora xeral de Cooperación e Patrimonio Cultural do Goberno de Canarias, Aranzazu Gutiérrez, fíxolle entrega ao Cabido insular do certificado que acredita o asubío da Gomera como Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade.

Fonte: ABC

Illas Canarias

Lingüistas europeos instan o Goberno de Aragón a aplicar a Lei de linguas

A Asemblea Internacional de Linguas e Culturas Ameazadas (AILCM nas súas siglas en francés) esixiulle ao Goberno de Aragón, que preside Marcelino Iglesias, que desenvolva a Lei de linguas minoritarias en toda a súa profundidade e que respecte os prazos de creación de organismos que prevé.

Fonte: Europa Press

Aragón

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder