España
A Academia Valenciana da Lingua promoverá o uso do valenciano a través de oficinas
Os obxectivos que se inclúen no protocolo son o impulso e a consolidación das estruturas de promoción do valenciano nas administracións públicas, mediante a realización de proxectos, estudos e actividades que promovan o coñecemento e o uso da lingua propia en todos os ámbitos sociais, a través dunha rede de oficinas de promoción.
Fonte: Levante
A Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya promove o voluntariado pola lingua catalá nas empresas
A Secretaría de Política Lingüística, co apoio do Servizo de Ocupación de Cataluña do Departamento de Traballo e das organizacións empresariais, iniciou unha liña de colaboración para promover o programa "Voluntariado pola lingua" no interior das empresas.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Sindicatos e colectivos euscaldúns animan á matriculación en éuscaro na Universidade Pública de Navarra
Representantes de diversos colectivos e sindicatos animaron á matriculación en materias en éuscaro para o próximo curso na Universidade Pública de Navarra e instaron o equipo reitoral a "garantir" os dereitos dos cada vez máis alumnos universitarios euscaldúns.
Fonte: Noticias de Navarra
A Deputación de Áraba premia o fomento do éuscaro no ámbito económico
A Deputación Foral de Áraba e a asociación Ziurtagiriaren Elkartea convocaron a primeira edición dos Premios Lazarraga, que teñen como finalidade premiar a entidades ou persoas do sector socioeconómico que traballan a prol da normalización do éuscaro.
Fonte: ABC
O Consello Navarro do Éuscaro crea unha Comisión de Terminoloxía
O Consello Navarro do Éucaro aprobou, a proposta do Instituto Navarro do Vasco, a creación dunha Comisión de Terminoloxía integrada polos membros do órgano asesor, así como dunha Subcomisión Técnica, formada por persoas alleas á comisión.
Fonte: ABC
Once concellos aragoneses recorren a Lei de linguas
Un total de once concellos aragoneses, entre eles os de Fraga e Lascuarre, decidiron presentar un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de linguas por entender que, "ao facerse efectiva a cooficialidade do catalán nos seus municipios, se están invadindo competencias municipais", informa o Partido Popular.
Fonte: Diario del Alto Aragón
O grupo de empresas Abengoa asina coa Fundéu BBVA un convenio polo bo uso do español
O grupo de empresas Abengoa asinou un acordo en Madrid coa Fundación do Español Urxente (Fundéu BBVA) que ten como obxecto mellorar o emprego do español nas comunicacións internas e externas desta compañía con sede en Sevilla.
Fonte: EFE
León acolle o Día da Lingua Leonesa para reivindicar o seu uso
Reivindicar o uso do leonés é o obxectivo do V Día da Lingua Leonesa, unha xornada que se celebrou o pasado 19 de xuño no barrio histórico de León, co fin de festexar o orgullo de ter unha lingua propia na rexión de León.
Fonte: Diario de León
A Universidade do País Vasco e a Academia da Lingua Vasca colaborarán na investigación sobre o éuscaro
A Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e Euskaltzaindia (Academia da Lingua Vasca) asinaron un novo convenio de colaboración polo que ambas as institucións se comprometen a promover e impulsar a investigación do éuscaro, segundo informaron.
Fonte: El Correo
Só o 1,8 % dos alumnos cursa a carreira integramente en valenciano
Un informe elaborado por investigadores universitarios, en colaboración coa Academia Valenciana da Lingua, sobre 5.000 enquisas a alumnos, profesores e persoal de administración e servizos (PAS) revela que o 53,7 % dos alumnos recibe todas as clases en castelán, mentres que só un 1,8 % estuda integramente en valenciano.
Fonte: El País
Boletín
Subscríbase ao boletín