España

A porcentaxe de sentenzas redactadas en catalán diminúe por quinto ano consecutivo

O ano pasado o número de sentenzas ditadas polos xulgados e tribunais de Cataluña chegou ás 250.537. Destas, o 84,1 % estaba escrito en castelán, e o resto (un 15,9 %) en catalán. Este é o quinto ano consecutivo en que hai un retroceso na porcentaxe de sentenzas en catalán en relación co total.

Fonte: Avui

Cataluña

A Plataforma pola Lingua recolle sinaturas para unha campaña que promove o uso do catalán na universidade

A campaña "A la universitat en català!" (¡Na universidade en catalán!) ten como obxectivo reclamar que o catalán ocupe, nas universidades, o lugar que lle corresponde como lingua propia de Cataluña e tamén facer tomar consciencia da importancia da presenza axeitada desta lingua na docencia e a investigación universitarias.

Fonte: Plataforma per la Llengua

Cataluña

O decreto que obriga o comercio a atender en éuscaro entrará en vigor o 17 de xullo

O controvertido decreto sobre os dereitos lingüísticos dos consumidores, que impón a case a metade do sector comercial vasco a obrigación de rotular e atender en éuscaro, entrará en vigor o próximo 17 de xullo.

Fonte: El Correo

País Vasco

Un total de 80.000 alumnos deixa de estudar en valenciano pola política do Goberno autonómico

O curso pasado 138.223 alumnos estudaban en valenciano na escola primaria, pero tan só 58.626 deron continuado os seus estudos en valenciano no ciclo de secundaria. Polo tanto, 79.697 alumnos que cursaron primaria en valenciano non o puideron facer no nivel superior obrigatorio.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

Científicos cataláns crean un sistema visual para interpretar a lingua de signos española

O Centro de Visión por Computador da Universidade Autónoma de Barcelona (CVC-UAB) deseñou un prototipo dun sistema visual con videocámara que interpreta a lingua de signos española e que permite a persoas xordas comunicarse en sitios de información públicos.

Fonte: Europa Press

Xeral

Instan o presidente da Deputación de Alacant a poñer toda a web desta institución en valenciano

O Síndic de Greuges (equivalente ao Valedor do Pobo), José Cholbi, volveu emitir outra resolución en favor do mesmo trato ás dúas linguas oficiais da Comunidade Valenciana (castelán e valenciano), e especialmente no ámbito das administracións públicas.

Fonte: El País

Comunidade Valenciana

O embaixador de Portugal en España proponlle ao presidente de Murcia que o portugués sexa segundo idioma curricular

O embaixador de Portugal en España, Álvaro Mendonça e Moura, propúxolle ao presidente da Comunidade de Murcia, Ramón Luis Valcárcel, que o portugués poida ser unha materia optativa como segunda lingua para os alumnos da rexión.

Fonte: ABC

Murcia

Un total de 300 entidades comprométese a consumir produtos etiquetados en catalán

Máis de 300 entidades e institucións de toda Cataluña fixeron público en Xirona o seu compromiso de consumir produtos etiquetados en catalán.

Fonte: Avui

Cataluña

Denuncian a Junta de Castilla y León por incumprir a Carta Europea das Linguas Minoritarias

O Consello de Europa recibiu un completo informe de máis de cen páxinas no que se denuncia o incumprimento total da Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias por parte da Junta de Castilla y León.

Fonte: Diario de León

Castela e León

O Goberno vasco destina máis de 12 millóns a promover o éuscaro

O Goberno vasco dedicará 12.690.000 euros, 410.000 euros menos que no exercicio anterior, a promover e fomentar o uso do éuscaro en empresas públicas e privadas, nas asociacións e nas distintas institucións municipais de Euskadi.

Fonte: El Correo

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder