España
A Generalitat Valenciana suprime o 46 % de axudas para apoiar o uso do valenciano en asociacións e comercios
A Consellería de Educación, responsable da área de Política Lingüística da Generalitat Valenciana, recortou este ano o 46 % das subvencións destinadas ás asociacións cívicas e os comercios que realicen actividades de promoción do uso do valenciano.
Fonte: Levante
O Parlamento balear normaliza o uso do catalán nos ámbitos da sanidade privada, o deporte e o sector empresarial
A Comisión de Educación e Cultura do Parlamento balear aprobou tres proposicións non de lei que permitirán a aplicación da Lei de normalización lingüística nos ámbitos deportivo, sanitario privado e empresarial.
Fonte: Europa Press
Preséntase un espazo que recolle ferramentas para traballar en catalán no sector da restauración
Presentouse o novo espazo "Plats a la carta" (Pratos á carta), unha páxina web que recolle diferentes recursos lingüísticos que teñen como obxectivo facilitar o uso do catalán no sector da restauración.
Fonte: Generalitat de Catalunya
Denuncian en Navarra "retrocesos" no ensino en éuscaro
Varios sindicatos e organizacións denunciaron os "graves retrocesos" que se están a dar, ao seu xuízo, no ensino en éuscaro en Navarra.
Fonte: Diario de Navarra
Os recortes ao fomento do valenciano provocan mobilizacións contra a Generalitat
As plataformas máis destacadas de apoio ao valenciano anunciaron a posta en marcha dunha campaña fronte aos recortes económicos e as "agresións" á lingua.
Fonte: Levante
Mercator publica un documento de traballo sobre o asturleonés
Mercator, unha rede da Comisión Europea, acaba de publicar un documento de traballo que supón o número 25 da súa colección Working Papers Collection. Trátase dun estudo sobre a situación do asturleonés no conxunto do seu dominio lingüístico.
Fonte: Les Noticies
O Goberno vasco reformará a lei para suprimir as multas aos comercios non bilingües
O Goberno vasco modificará a lei vasca dos consumidores, promulgada en 2003, para eliminar a posibilidade de que poidan aplicarse sancións aos comercios que non rotulen ou atendan en éuscaro.
Fonte: El Correo
O Goberno español impulsará a etiquetaxe en braille nalgúns produtos para axudar as persoas con discapacidade visual

A ministra de Sanidade e Política Social, Trinidad Jiménez, anunciou que o próximo mes de setembro levará ao Consello de Ministros un real decreto para impulsar a etiquetaxe en braille nalgúns produtos para que as persoas con algún tipo de discapacidade visual poidan ter menos dificultade á hora de realizar a compra nos supermercados e resto de superficies de distribución.
Fonte: Qué!
A Consellería valenciana de Educación cederá aulas para impartir clases de búlgaro
O Goberno valenciano aprobou un convenio coa República de Bulgaria polo que autoriza o uso das aulas e material educativo en institutos de secundaria da Comunidade Valenciana para impartir cursos de lingua e cultura búlgaras.
Fonte: Las Provincias
O lehendakari promete manter o "impulso activo" do éuscaro desde o respecto á pluralidade
O lehendakari Patxi López asegurou que vai manter durante o seu mandato unha política de "impulso activo do éuscaro" co fin de avanzar cara a unha sociedade bilingüe, pero precisou que o vai facer sempre de forma "equilibrada" e tendo como principios básicos o respecto á pluralidade e os dereitos lingüísticos de todos os cidadáns.
Fonte: El Correo
Boletín
Subscríbase ao boletín