España

Cataluña acorda con Aragón ensinar catalán desde as escolas ata as universidades

O conselleiro de Educación da Generalitat de Catalunya, Ernest Maragall, e a conselleira do Departamento de Educación, Cultura e Deporte de Aragón, María Victoria Broto, asinaron un protocolo para o ensino do catalán desde a etapa primaria ata a universitaria "tendo en conta a vinculación histórica, cultural e lingüística entre as dúas comunidades".

Fonte: Vilaweb

Xeral

O Instituto Castelán e Leonés da Lingua impulsará a plataforma Micastellano.com

O xerente do Instituto Castelán e Leonés da Lingua e o conselleiro delegado de Lingus TV asinaron un convenio de colaboración para impulsar a plataforma Micastellano.com. A través deste acordo, ambas as institucións comprométense a unir forzas en materia de colaboración e desenvolvemento conxunto dun método audiovisual de aprendizaxe do español a través de creacións audiovisuais emitidas a través de internet.

Fonte: Portal TIC

Castela e León

O Departamento de Educación do Goberno de Aragón non ofrecerá lingua aragonesa como optativa ata o curso 2011-2012

A lingua aragonesa non formará parte do currículo aragonés e non se ofertará como materia optativa no sistema educativo ata o curso 2011-2012.

Fonte: Aragón Digital

Aragón

A Asociación Berciana da Lingua Xarmenta premia os mellores debuxos acerca da "maxia" do galego

A Biblioteca Municipal de Ponferrada vén de acoller a entrega de galardóns dos V Premios Xarmenta de Debuxo, un certame que promove a Asociación Berciana da Lingua “Xarmenta” e que está dirixido ao alumnado de Lingua galega do Bierzo.

Fonte: Xunta de Galicia

Castela e León

Un total de 74 centros educativos opta a participar no proxecto trilingüe do Goberno vasco

Un total de 74 centros educativos vascos presentou os seus plans para participar na convocatoria para o desenvolvemento de proxectos de experimentación do Marco de Educación Trilingüe do Goberno vasco.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O Valedor español do Pobo recomenda ao Tribunal Constitucional revisar a lei de cooficialidade lingüística

O Valedor do Pobo considera "desexable" dispoñer dun pronunciamento do Tribunal Constitucional que "actualice, confirme ou revise" a xurisprudencia en materia de cooficialidade lingüística.

Fonte: ADN

Xeral

Un anteproxecto de lei prevé que o coñecemento de español sexa un dereito e un deber para os inmigrantes en Castela e León

O anteproxecto de Lei de integración dos inmigrantes na sociedade de Castela e León inclúe o coñecemento da lingua española como un dereito e un deber, dado que o idioma constitúe un factor «esencial» de integración.

Fonte: La Razón

Castela e León

O Tribunal Constitucional rexeita que o catalán sexa "preferente" en administracións e medios de comunicación públicos

A resolución do Tribunal Constitucional (TC) considerou inconstitucional que o catalán sexa a lingua "preferente" das administracións públicas e dos medios de comunicación públicos de Cataluña, segundo establecía o Estatuto.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O Síndic (Valedor do Pobo) pídelle a Sanidade que garanta o dereito a ser atendido en valenciano

O Síndic de Greuges, José Cholbi, recordoulle á Consellería de Sanidade da Comunidade Valenciana que ten o deber legal de garantir que, nos servizos públicos que dependen dela, as persoas que tratan co público teñen o suficiente coñecemento de valenciano como para atender con normalidade a súa responsabilidade.

Fonte: ABC

Comunidade Valenciana

Os aspirantes a funcionarios na Comunidade Valenciana non terán que saber valenciano

Populares e socialistas aprobaron a nova Lei da función pública da Comunidade Valenciana, que non recolle a obrigatoriedade de acreditar os coñecementos de valenciano para optar a un posto na Administración autonómica.

Fonte: Las Provincias

Comunidade Valenciana

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder