España

A Universidade do País Vasco desenvolve un sistema automático de tradución de voz do éuscaro

O Departamento de Electricidade e Electrónica da Facultade de Ciencia e Tecnoloxía desenvolveu un innovador sistema automático de tradución de voz do éuscaro.

Fonte: Deia

País Vasco

O fiscal ante o Tribunal Constitucional afirma que está avalado o uso do asturiano polos funcionarios

Don Jesús-José Tirado Estrada, fiscal ante o Tribunal Constitucional (TC), xustifica que o TC avala o uso das comunicacións en asturiano de cidadáns e funcionarios co Principado de Asturias.

Fonte: Asturies.com

Asturias

O Goberno de Arán impulsa un obradoiro de teatro para promover a lingua

A secretaria de Cultura e Política Lingüística do Consello Xeral de Arán, Maria Vergés, anunciou a posta en marcha dun obradoiro de teatro en aranés para o fomento e apoio da creación cultural e a potenciación do uso social do aranés.

Fonte: 20 minutos

Cataluña

O xornal Público saca un suplemento en catalán

O xornal de Mediapro Público saca, coincidindo co 23 de abril, un suplemento en catalán. Trátase de Públic, un caderno diario de 12 páxinas escrito integramente nesta lingua e dedicado á actualidade social, política e cultural do país.

Fonte: Avui

Cataluña

O Consello de Garantías avala o catalán como lingua de acollida da inmigración

O Consello de Garantías Estatutarias avalou por unanimidade o Proxecto de Lei de acollida das persoas inmigradas e retornadas a Cataluña, incluído o seu artigo 9, que fixa o catalán como lingua de primeira acollida dos inmigrantes.

Fonte: El País

Cataluña

O Goberno de Cataluña e diversas entidades promoven o catalán o 23 de abril

A Secretaría de Política Lingüística da Generalitat de Catalunya e Radio Flaixbac únense o 23 de abril para organizar a campaña 'Encomana el català' (Contaxia o catalán), con actuacións musicais en directo e un concurso cidadán de karaoke de música en catalán.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O Consello Asesor da Lingua reúnese para tratar a lei do aranés

O Consello Asesor da Lingua reuniuse para tratar a lei do aranés, que se encontra en proceso de tramitación parlamentaria.

Fonte: Europa Press

Cataluña

O 85% dos docentes de colexios públicos vascos pode dar clase en éuscaro

Nove de cada dez profesores da rede pública vasca acreditaron un perfil de éuscaro. O 85% ten o nivel 2, o que permite dar clases en éuscaro, e o resto aprobou o título máis básico que garante a posibilidade de comunicarse en lingua vasca.

Fonte: El Correo

País Vasco

Escola Valenciana presenta a campaña de matriculación en catalán

Escola Valenciana presentou a campaña 'Matricula en Futur, Matricula en Valencià', que anima os pais a matricular os fillos en catalán e explica os beneficios educativos.

Fonte: Vilaweb

Comunidade Valenciana

Linguamón pon en marcha Mapas Vivos, unha ferramenta interactiva pioneira para coñecer a diversidade lingüística do mundo

Linguamón–Casa das Linguas presenta Mapas Vivos, unha ambiciosa iniciativa creada coa última tecnoloxía cartográfica e multimedia para coñecer de cerca a diversidade lingüística do mundo.

Fonte: Linguamón

Cataluña

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder