España

A axencia We are Family lanza unha campaña para reducir a fenda lingüística xeracioinal

A campaña impulsada por We are Family en Madrid busca concienciar sobre a “fenda lingüística” entre xeracións e destacar a rápida evolución da linguaxe. Cunha forte acollida na rúa e en redes sociais, a iniciativa chama á reflexión sobre a necesidade de comprender as novas formas de comunicación e, sobre como, o idioma pode adaptarse e servir como ponte para conectar xeracións.

Fonte: EFE Comunica

Madrid

O programa da cuarta edición do Gora-Gora Fest! Levará actividades culturais en éuscaro a 55 localidades navarras

Euskarabidea, o Instituto Navarro do Éuscaro, organiza o Gora-Gora Fest! 2024, un ciclo cultural que levará nove espectáculos en éuscaro a 55 localidades de Navarra entre novembro e decembro. Este evento, dirixido especialmente a nenos, nenas e familias, inclúe contacontos, teatro, danza e maxia, todos de balde e co propósito de achegar a cultura en éuscaro a zonas onde habitualmente non hai programación nesta lingua.

Fonte: Gobierno de Navarra

Navarra

A Generalitat de Cataluña organiza catro novas rutas lingüísticas para dar a coñecer a diversidade territorial do catalán

O Departamento de Política Lingüística de Cataluña ampliou o proxecto «Camins del català» co lanzamento de catro novas rutas lingüísticas destinadas a promover o coñecemento das variantes do catalán en distintos territorios. A documentación, dispoñible en formato PDF na web do proxecto, inclúe audioguías e un mapa interactivo, e está concibida para facilitar a aprendizaxe da lingua e ampliar o interese pola cultura catalá.

Fonte: Generalitat de Catalunya

Cataluña

A lista de agarda para acceder a un curso de catalán alcanza as 9000 persoas

A oferta de cursos de catalán do Consorci per a Normalització Lingüística (CPNL) resulta insuficiente ante a crecente demanda, xa que máis de 9000 persoas están en lista de agarda en 2024, en especial para o nivel básico. A situación agravouse coa chegada de nova poboación, que incrementou as solicitudes sen que se incrementasen os recursos proporcionalmente.

Fonte: El Nacional

Cataluña

A Asociación de Tradución e Adaptación Audiovisual de España premia por primeira vez a tradución en galego, catalán e éuscaro

A Asociación de Tradución e Adaptación Audiovisual de España (ATRAE) premiou as mellores traducións en catalán, éuscaro e galego na súa XII edición, co obxectivo de destacar a diversidade lingüística no ámbito audiovisual.

Fonte: Siglo XXI

Xeral

Amplíanse as prazas na liña de éuscaro de Medicina na Universidade do País Vasco

O Departamento de Saúde do Goberno Vasco e a UPV/EHU acordaron aumentar en 40 as prazas de Medicina en éuscaro no curso 2025/2026, co obxectivo de fortalecer o sistema sanitario e equilibrar a oferta entre ambas as linguas. Actualmente, as prazas en castelán ascenden a 200, mentres que en éuscaro son 168.

Fonte: EITB

País Vasco

A cuarta edición do Euskaraldia buscará converterse nun movemento para activar o uso do éuscaro

A cuarta edición de Euskaraldia celebrarase en maio de 2025 coa intención de transformar a iniciativa nun movemento sostido para activar o uso do éuscaro. Co lema “Elkar mugituz egingo dugu”, preténdese fortalecer o compromiso cidadán e estender o hábito de empregar esta lingua desde as interaccións cotiás. Esta edición anima a superar as inercias lingüísticas, procurando un efecto multiplicador entre milleiros de persoas..

Fonte: EITB

País Vasco

Os gobernos vasco e navarro estudan espazos de colaboración en relación co éuscaro

Representantes de ambos os executivos mantiveron un encontro en Pamplona para afondar nos desafíos e colaboracións conxuntas arredor do éuscaro e destacaron a necesidade de promover o uso desta lingua entre as novas xeracións a través do impulso de proxectos transfronteirizos e estruturas como o Hiruko Ituna. Este acordo aspira a potenciar a política lingüística e a diversidade cultural, con especial atención á mocidade e ás novas tecnoloxías.

Fonte: Gobierno Vasco

Xeral

A asociación Axuntar presentará un informe sobre o galego de Asturias no acto de entrega dos Premios Folgueira

Os Premios Folgueira que entrega a asociación Axuntar, recoñecen publicamente as iniciativas, persoas ou institucións que traballan a prol da dignificación do galego. Durante o acto de entrega dos galardóns deste ano, que se celebrará en Castropol, presentarase o III Informe sobre a lingua del Eo-Navia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Asturias

Vitoria é a cidade vasca con menos falantes de éuscaro

O uso do éuscaro está en retroceso nas zonas urbanas do País Vasco. Segundo Eustat, o 43,3 % da poboación utiliza esta lingua de maneira preferente ou exclusiva. En Vitoria, só o 2,5 % das persoas fala principalmente en éuscaro, mentres que en Bilbao esta cifra é do 3,6 %. En San Sebastián, a porcentaxe increméntase, xa que o 14,1 % da poboación emprega o éuscaro como lingua principal.

Fonte: 20minutos

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder