España

O Concello de Berriozar organiza actividades para fomentar o éuscaro dirixidas á mocidade e ao público adulto

O Concello de Berriozar ofrece diferentes actividades deportivas e culturais en éuscaro co obxectivo de crear as condicións para que a cidadanía poida vivir nesta lingua.

Fonte: Berriozarko Udala

Navarra

O Concello de Alcoi organiza uns obradoiros de sostibilidade lingüística para mestres de primaria

Estes obradoiros dirixidos a mestres de primaria buscan dotar de competencias teóricas e prácticas para fomentar a asertividade nos usos lingüísticos do alumnado. A través de experimentación e estratexias de intervención, preténdese combater os prexuízos e hábitos que poñen en perigo a supervivencia do valenciano na zona, ademais de abordar as implicacións psicolóxicas e sociais de pertencer a unha comunidade con lingua e cultura minorizadas.

Fonte: Ajuntament d'Alcoi

Comunidade Valenciana

Os informativos da televisión autonómica balear contarán con intérpretes de lingua de signos

O Consello de Goberno aprobou a contratación dun servizo de interpretación en lingua de signos para a Radiotelevisión das Illas Baleares, cun investimento de máis dun millón de euros entre 2024 e 2026. Isto permitirá que, por primeira vez, os informativos da televisión autonómica se emitan en lingua de signos. Ademais, tamén se incrementará a subtitulación ao 75 % da programación, o que mellorará a accesibilidade para persoas con discapacidade auditiva.

Fonte: IB3

Illas Baleares

Especialistas en lingua asturiana revisan as propostas do Llibru Blancu para o sistema educativo

Expertos e traballadores da lingua asturiana revisarán as principais reivindicacións do Llibru Blancu que contén propostas para a recuperación e normalización deste idioma, coincidindo co 15º aniversario da súa presentación.

Fonte: RTPA

Asturias

BYDCompany incorpora o catalán entre os idiomas do seu sistema de información a bordo

A empresa BYD, líder mundial en coches eléctricos, incorporou o catalán no seu sistema de información a bordo, malia que a tradución é aínda mellorable. A plataforma Aliança per la Presència Digital del Català, que impulsou esta incorporación, comprométese a colaborar coa empresa para perfeccionar a tradución e confía en que esta decisión sirva de exemplo para outras marcas. Actualmente, Tesla e BYD son as únicas marcas de vehículos eléctricos que ofrecen o catalán nos seus sistemas dixitais.

Fonte: El Món

Cataluña

Demandan o incremento de oferta de ensino do catalán ante a elevada demanda de persoas que queren aprendelo

O presidente de Òmnium Cultural reclámalles ás administracións catalás aumentar a oferta de ensino do catalán para atender a demanda de 2,3 millóns de persoas que desexan aprendelo. Segundo Xavier Antich, a oferta actual é insuficiente, xa que só cobre 120 000 prazas anuais, o que esixiría 19 anos para satisfacer toda a demanda. Tamén expresou preocupación polo descenso no uso social do catalán e subliñou a necesidade de accións urxentes para reverter esta tendencia e combater a fractura social a través da lingua.

Fonte: El Nacional

Cataluña

Impulsan a Declaración de Prada, un documento que insta á mobilización a prol da lingua catalá

A Declaración de Prada insta a mobilizarse pola defensa do catalán ante a que consideran unha "emerxencia lingüística". Asinada por 27 personalidades, o documento promove nove accións urxentes, como falar catalán con todos e consumir cultura nesta lingua. Tamén demanda a reciprocidade dos medios de comunicación en catalán e a plena garantía dos dereitos lingüísticos en ámbitos públicos. A iniciativa conta co apoio de destacadas figuras de todo o territorio lingüístico catalán.

Fonte: Diari de la Llengua

Xeral

A Concellaría de Normalización Lingüística de Avilés presenta as súas actividades para a segunda metade do ano

A concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Avilés ampliará a súa actividade na segunda metade do ano. Entre a programación prevista para os vindeiros meses figuran a VI Parada da Xira pola Oficialidade, un curso de nivel básico de asturiano, obradoiros infantís etc.

Fonte: Ayuntamiento de Avilés

Asturias

O Goberno de Aragón reconsidera a súa proposta de eliminar o recoñecemento oficial do catalán e o aragonés como linguas propias

O Goberno de Aragón está reconsiderando a súa proposta de eliminar o recoñecemento oficial do catalán e do aragonés como linguas propias e xa non xulga prioritario modificar a normativa que incluía este recoñecemento.

Fonte: Diari de la Llengua

Aragón

As clases do nivel A1 de éuscaro serán gratuítas en todos os euskaltegis

A vicelehendakari primeira e conselleira de Cultura e Política Lingüística do Goberno vasco anunciou que, a partir de setembro, as clases do nivel A1 de éuscaro serán gratuítas en todos os euskaltegis para facilitar o acceso a esta lingua. Destacou a importancia da súa promoción en ámbitos máis amplos, como o laboral e o ocio.

Fonte: Barakaldo Digital

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder