España

O chatbot de intelixencia artificial de Microsoft incorpora o catalán entre as súas opcións

O catalán xa figura entre as opcións de Microsoft Copilot, o chatbot de intelixencia artificial de Microsoft, que incorporou tamén o galés.

Fonte: El Nacional

Xeral

O Goberno catalán lanza unha convocatoria de axudas destinada ao alumnado universitario para a aprendizaxe dunha terceira lingua

O Departamento de Investigación e Universidades reabriu o programa Parla 3 para o curso 2024-2025, con axudas de ata 600 euros para estudantes universitarios que queiran aprender unha terceira lingua. A formación deberá seguir os niveis do Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas (MECR) e a dotación total será de 800 000 euros.

Fonte: El Nacional

Cataluña

Oito de cada dez familias baleares elixiron o catalán como lingua de escolarización do primeiro ensino

O 83 % das familias das Illas Baleares escolleu o catalán como lingua para a escolarización infantil, fronte ao 17 % que optou polo castelán, segundo datos presentados polo conselleiro de Educación. A Asemblea de Docentes destacou o fracaso do plan de segregación lingüística, ao que só se acolleron once centros concertados. Ademais, aínda se descoñece como se organizará a atención aos 1466 alumnos cuxas familias preferiron o castelán.

Fonte: Diari de la Llengua

Illas Baleares

A Comunidade Valenciana quere coñecer que lingua de ensino prefiren as familias

A Consellaría de Educación da Comunidade Valenciana prevé consultar coas familias a lingua preferente nas aulas antes de que remate o ano.

Fonte: La Vanguardia

Comunidade Valenciana

A Escola Superior de Arte Dramática de Euskadi reforzará o éuscaro no seu proxecto educativo

O novo proxecto educativo da Escola Superior de Arte Dramática e Danza de Euskadi, Dantzerti, reforzará o éuscaro ao longo deste novo curso académico.

Fonte: Europa Press

País Vasco

O TERMCAT presenta un léxico coa terminoloxía da Copa América

O Centro de Terminoloxía de Cataluña (TERMCAT) e a Fundación Barcelona Capital Náutica presentaron un dicionario en liña que recolle a terminoloxía máis destacada sobre a Copa América de vela.

Fonte: Gencat

Cataluña

Ofertan cursos de éuscaro para familias que queiran aprendelo

O Concello guipuscoano de Elgoibar ofertará cursos para nais e pais que queiran iniciarse na aprendizaxe da lingua vernácula. 

Fonte: El Diario Vasco

País Vasco

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeita a obrigatoriedade do éuscaro como requisito para ser policía municipal

O Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco rexeitou a obrigatoriedade de falar éuscaro como requisito para acceder á bolsa de traballo de policías municipais creada en 2021, ao consideralo discriminatorio. A sentenza confirma unha resolución previa que indicaba que non é necesario que todos os axentes coñezan o idioma para garantir os dereitos lingüísticos dos falantes de éuscaro, senón que abonda con que un dos axentes o domine.

Fonte: EITB

País Vasco

Un estudo alerta da escasa presenza do catalán nos estudos universitarios

Un estudo de Plataforma per la Llengua revela que só un 11,45 % das materias dos mestrados nas universidades dos Países Cataláns se imparte en catalán, fronte ao 57,24 % en castelán e o 31,31 % en inglés. No caso dos graos, un 45 % dos grupos utiliza o catalán. A internacionalización favorece maiormente o castelán, especialmente en universidades como a UPF e a UV, onde o catalán ten unha presenza anecdótica.

Fonte: Diari de la Llengua

Xeral

O Concello de Vitoria-Gasteiz e a Deputación Foral colaboran para facilitarlle ao alumnado o acceso aos cursos de éuscaro

O Concello de Vitoria-Gasteiz abriu o prazo para inscribirse nos cursos de éuscaro para o curso 2024-2025, nos que ofrece 900 prazas para diversos colectivos como pais e nais, maiores de 55 anos, persoas estranxeiras e traballadores de comercio e hostalería.

Fonte: Diputación Foral de Álava

País Vasco

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder