Galicia
López Campos destaca o “esforzo e dedicación da sociedade coa lingua” nos premios San Martiño
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na Estrada no acto de entrega dos XXXV Premios San Martiño de Normalización Lingüística.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García participa no acto conmemorativo do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou no acto conmemorativo do Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia «En galego agora e sempre», celebrado na igrexa de San Pedro, no que se proclamou a Declaración de Bande pola lingua galega nos ritos funerarios.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García enxalza “o poder dos libros na creación de imaxinarios e no uso da lingua”
O secretario xeral da Lingua entrega o V Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade, co que colabora a Xunta, e que este ano recoñece a escritora Ana Rebeca Fernández.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Estrada acolle a entrega dos Premios San Martiño de Normalización Lingüística
A localidade da Estrada foi o escenario do acto de entrega dos XXXV Premios San Martiño de Normalización Lingüística, que recoñeceron o programa O recuncho da lingua (Radio Estrada), o músico Abraham Cupeiro e Ramón Varela Cives.
Fonte: Cultura galega
A Xunta e a Residencia Literaria 1863 convocan unha nova estadía de tradución para autores estranxeiros
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a Residencia Literaria 1863 da Coruña acaban de convocar a VI Residencia Xacobeo para persoas tradutoras de literatura galega, co obxectivo de estimular e promocionar a tradución de obras literarias en galego, así como impulsar as letras galegas no exterior.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Ábrese a campaña para a elección da Palabra do Ano 2025

A Real Academia Galega e a Fundación Barrié lanzan a campaña para a elección da Palabra do Ano 2025, que como é xa costume se exporá no Paseo das Palabras do Ano en Lugo. O público poderá participar virtualmente até o 21 de decembro a través do Portal das Palabras.
Fonte: RAG
Paula Currás recibe o XXXVIII Premio de Poesía Pérez Parallé
A poeta Paula Currás, nada en Cambre en 1996, resultou vencedora do XXXVIII Premio de Poesía Xosé María Pérez Parallé, co seu libro Vestiario, e obtén un galardón de 3.000 euros en metálico.
Fonte: Cultura galega
Cambados acolle unha exposición sobre o teatro de Ramón Cabanillas
Coincidindo co 66.º cabodano do poeta e dramaturgo Ramón Cabanillas, o Museo Ramón Cabanillas de Cambados acolleu a inauguración da exposición O teatro de Ramón Cabanillas. Alento poético e fondura dramática.
Fonte: Real Academia Galega
María Vázquez recibe o XXIII premio Ramón Piñeiro, Facer País
A actriz María Vázquez foi distinguida co XXIII Premio Ramón Piñeiro, Facer País, concedido pola Asociación Cultural Val de Láncara. Este galardón recoñece cada ano o labor de persoas ou institucións comprometidas co desenvolvemento de Galicia, coa súa lingua e a súa cultura.
Fonte: Cultura galega
Ponse en marcha unha plataforma colaborativa para recoller o léxico propio de Valdeorras

A Fundación Florencio Delgado Gurriarán impulsa, coa colaboración da Xunta de Galicia, o Dicionario da fala valdeorresa, un proxecto participativo orientado á recuperación e o estudo do léxico propio de Valdeorras. A iniciativa promove a implicación directa da veciñanza mediante obradoiros, encontros e traballos de campo, nos que as persoas participantes achegan palabras e expresións que serán revisadas pola comisión de lingua da entidade para garantir así o seu rigor e valor etnográfico.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín