Mundo

Estonia proxecta modificar a Lei da lingua estatal para reforzar o uso do estoniano

O goberno de Estonia impulsa unha reforma da Lei da lingua estatal para adaptala á realidade social e laboral actual. A proposta inclúe restricións á dobraxe de filmes, novas taxas e sancións ligadas ao coñecemento do idioma e a obriga de usar o estoniano en actos oficiais. O obxectivo final é garantir que se poida vivir en estoniano en todos os ámbitos da sociedade.

Fonte: Baltic News Network

O Brasil e a China reforzan a súa relación cultural coa creación da Rede Brasileira de Institutos Confucio

Presentouse oficialmente a Rede Brasileira dos Institutos Confucio, que reúne 11 centros en colaboración con universidades e autoridades da China e o Brasil. A iniciativa ten como obxectivo difundir a lingua e a cultura chinesas, impulsar a cooperación académica e fortalecer o diálogo intercultural.

Fonte: Brasília in Foco

Unha produtora luxemburguesa busca actores de lingua portuguesa para un novo proxecto cinematográfico

Un novo proxecto cinematográfico internacional, froito dunha coprodución entre Luxemburgo e Portugal, está a buscar talentos locais que falen portugués.

Fonte: Bom dia

Inaugúrase en Macau a 17.ª Semana Cultural da China e os Países de Lingua Portuguesa

O Fórum para a Cooperación Económica e Comercial entre a China e os Países de Lingua Portuguesa organiza en Macau a 17.ª Semana Cultural da China e os Países de Lingua Portuguesa. O evento reunirá varios grupos culturais de nove países lusófonos co obxectivo de fortalecer os datos culturais e promover o diálogo entre as civilizacións.

Fonte: e-Global

Caracas acolle unha iniciativa para reforzar a identidade cultural das persoas lusodescendentes

Un proxecto desenvolvido en Caracas ofreceu a máis de dúas decenas de menores lusodescendentes, de entre 6 e 14 anos, a oportunidade de se achegaren ás súas raíces a través da aprendizaxe básica de portugués, o canto de cancións tradicionais e o reforzo da súa identidade cultural.

Fonte: Bom dia

A Universidade do Miño celebra o Día Europeo das Linguas con 300 alumnos de secundaria

O centro BabeliUM da Universidade do Miño celebra o Día Europeo das Linguas cun acto onde reunirá uns 300 estudantes de ensino secundario para participar en actividades centradas na aprendizaxe de idiomas estranxeiros como inglés, árabe, xaponés e italiano.

Fonte: Mais Guimarães

O presidente de Portugal reafirma na ONU o obxectivo de que o portugués sexa lingua oficial en 2030

O presidente de Portugal, Marcelo Rebelo de Sousa, destacou nunha entrevista á ONU News que o portugués debe converterse en lingua oficial das Nacións Unidas, meta xa apoiada polo Brasil e polo conxunto da Comunidade de Países de Lingua Portuguesa. Subliñou que o portugués é unha das linguas máis faladas do mundo, con especial relevancia no hemisferio sur e no ámbito dixital.

Fonte: ONU News

O mundo celebra o Día Internacional das Linguas de Signos

O 23 de setembro celébrase en todo o mundo o Día Internacional das Linguas de Signos, conmemorado polas Nacións Unidas para promover a identidade lingüística e diversidade cultural das persoas xordas.

Fonte: United Nations

A lingua mirandesa require urxentemente dicionarios, glosarios e materiais escolares

É urxente crear dicionarios, glosarios e manuais escolares para asegurar o futuro da lingua mirandesa, advirte o lingüista António Alves. Estes proxectos levan anos de traballo, polo que cómpre planificalos xa para garantir que a lingua sobreviva nas próximas décadas.

Fonte: Rádio Brigantia

Milleiros de persoas saen ás rúas de Dublín para pedir maior protección para o gaélico irlandés

Milleiros de persoas concentráronse en Dublín nunha manifestación considerada “histórica”, na que reclamaron unha acción política urxente para protexer e revitalizar a lingua irlandesa e as zonas onde este idioma é o predominante nas comunidades locais (Gaeltacht).

Fonte: The Irish Times

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder