Mundo

Medra a participación nos cursos de catalán en Andorra

Durante o curso 2024-2025, un total de 9562 persoas participou nos cursos de catalán organizados polo Goberno de Andorra, o que supón un incremento do 5,7 % respecto ao curso anterior. Unha gran maioría das persoas optou pola autoaprendizaxe guiada, mentres que unha minoría asistiu a clases presenciais e a cursos virtuais.

Fonte: Diari de la Llengua

Un malaio de 47 anos inspira outras persoas a abrazar a lingua galesa en Swansea

Foo Seng Thean, un home malaio que se trasladou a Swansea hai dez anos, recibiu o galardón "Novo Falante de Galés" nos premios de aprendizaxe para adultos Inspire! polo seu compromiso coa aprendizaxe do galés, lingua que aprendeu xunto aos seus fillos.

Fonte: Swansea Bay News

Institucións brasileiras asociadas ao Cervantes accederán a beneficios para fortalecer o ensino do español

O Grupo de Cooperación Internacional de Universidades Brasileiras (GCUB) e o Instituto Cervantes ofrecen ás súas institucións asociadas no Brasil unha nova oportunidade de acceso a beneficios exclusivos en todas as súas sedes, incluída a de Porto Alegre. Entre eles están a proba de nivel e o carné virtual de biblioteca gratuítos, ademais dun 25 % de desconto en cursos e no exame DELE.

Fonte: UFSM

Suíza lanza Apertus, primeiro grande modelo de linguaxe aberta e multilingüe do país

Suíza lanzou Apertus, o seu primeiro gran modelo de linguaxe aberta, adestrado en máis de mil idiomas, entre eles o suízo-alemán e o romanche. O novo modelo busca fomentar a innovación multidisciplinaria en ámbitos como o dereito, a saúde, o clima e a educación.

Fonte: GGB

Primeira tese de mestrado en lingua indíxena na UFMG rescata a historia da “escola” maxakali

Un investigador maxakali defendeu na Universidade Federal de Minas Xerais (UFMG) a primeira dissertación de mestrado escrita en lingua indíxena. O traballo reconstrúe a historia da “escola maxakali” e á transmisión de saberes tradicionais, fronte ás imposicións históricas do ensino en portugués.

Fonte: UFMG

As escolas de inmersión en catalán da Cataluña Norte comezan o curso tras superar problemas económicos

A rede de escolas catalás da Cataluña Norte, Bressola, inicia o curso académico con 1100 matrículas despois de asegurar a continuidade grazas a doazóns que paliaron graves dificultades económicas por falta de financiamento. Aínda que o futuro inmediato está garantido, seguen pendentes de apoio institucional.

Fonte: Diari de la Llengua

O libro “Pedro Alecrim", de António Mota, será traducido ao mirandés

O libro Pedro Alecrim, de António Mota, será traducido ao mirandés co título Bai Pedro Bai, aludindo á tradición musical desta lingua. Esta versión busca reforzar o ensino do mirandés nas escolas, moi pouco provisto de literatura infanto-xuvenil neste idioma oficial de Portugal.

Fonte: Renascença

O Brasil celebra 150 anos de inmigración italiana con novo impulso á súa lingua e cultura

No marco do 150.º aniversario da inmigración italiana ao Brasil, revívese o legado cultural e lingüístico da comunidade ítalo-brasileira. Estímase que hoxe existen uns 31 millóns de descendentes, cun interese en aumento pola lingua e polas tradicións italianas, especialmente na gastronomía e a educación.

Fonte: GZH

Inaugúrase no Nepal o primeiro centro de lingua chinesa e habilidades profesionais

No val de Katmandú (Nepal) inaugúrase o primeiro centro dedicado á lingua chinesa e ás habilidades profesionais, con especial atención ás tecnoloxías eléctricas. O obxectivo é formar talento local con dominio do chinés e capacidades técnicas avanzadas.

Fonte: Xinhua

Unha ferramenta de Google permite xa traducir conversas en tempo real en catalán, galego e éuscaro

Google Translate ampliou a función de tradución de conversas en tempo real ao incorporar o catalán, o galego e o éuscaro entre os 71 idiomas dispoñibles. Esta ferramenta facilita a comunicación oral con tradución simultánea en audio e texto.

Fonte: Diari de la Llengua

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder