Illas Baleares

Palma acolle un encontro sobre a creación de contidos dixitais en catalán

A creación de contidos en catalán nas redes sociais medrou de maneira significativa: ata outubro rexistráronse 115 800 publicacións, un 26 % máis que no mesmo período do ano pasado, segundo os datos presentados na terceira edición de L’Aferrada 2025 en Palma. Nesta xornada, profesionais e institucións insistiron na importancia de fortalecer a presenza do catalán no ámbito dixital para xerar referentes e normalizar o seu uso.

Fonte: Diari de la Llengua

Illas Baleares

A Universidade das Illas Baleares aproba o Plan de linguas 2026-2030 para fomentar o uso do catalán como lingua propia da institución

O Plan de linguas 2026-2030 define a estratexia da UIB para reforzar o uso do catalán e promover o multilingüismo. O documento busca consolidar o catalán como lingua propia da institución e potenciar a diversidade lingüística como ferramenta de apertura internacional. Entre os seus obxectivos destacan garantir os dereitos lingüísticos da comunidade universitaria, mellorar a competencia comunicativa e fomentar o uso do catalán en todos os ámbitos académicos e administrativos mediante formación, programas de acollida e apoio á docencia e investigación nesta lingua.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

A Xustiza obriga o Executivo balear a asegurar a existencia de centros bilingües en todos os municipios do arquipélago

O Tribunal Superior de Xustiza de Baleares (TSJIB) ordenoulle ao Goberno balear garantir que existan centros educativos en cada municipio que apliquen un modelo bilingüe, co catalán e o castelán como linguas vehiculares, para respectar o dereito das familias que opten por esa opción.

Fonte: Mallorca Diario

Illas Baleares

Sindicatos docentes das Illas Baleares demandan medidas urxentes para blindar o uso do catalán no ensino

Os sindicatos docentes UOB Ensenyament e STEI reclámanlle ao Goberno balear medidas urxentes para garantir o uso do catalán na educación, ante o retroceso nas competencias lingüísticas do alumnado, especialmente en Menorca. Denuncian que os estudantes rematan a ESO con menor dominio do catalán que do castelán e piden activar de inmediato o Plan de choque de catalán en aulas.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

O Tribunal Superior de Xustiza das Illas Balares rexeita a imposición dun mínimo de 25 % de castelán nas aulas

O Tribunal Superior de Xustiza das Illas Baleares desestimou o recurso que esixía un mínimo do 25 % de ensino en castelán nas aulas, seguindo o modelo de Cataluña. O TSXIB defendeu que o sistema educativo balear, co 50 % de docencia en catalán, é legal e distinto do de Cataluña.

Fonte: Diari de la Llengua

Illas Baleares

O Instituto de Estudos Baleáricos concédelle á Universidade das Illas Baleares unha subvención para proxectos de estudo e promoción do catalán

O Instituto de Estudos Baleáricos (IEB) concedeulle á Universidade das Illas Baleares (UIB) unha subvención directa de 272 000 euros, un 68 % máis que anteriormente, para reforzar proxectos de estudo e promoción da lingua catalá. Os fondos permitirán fortalecer investigacións e servizos de asesoramento lingüístico, incluíndo o Gabinete de Onomástica, o Centro de Documentación en Sociolingüística e o asesoramento a medios de comunicación. Ademais, apoiarán iniciativas de difusión do catalán na Facultade de Dereito, análises sociolingüísticas en varias facultades e proxectos editoriais.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

O Goberno balear convoca cursos de formación en catalán para o funcionariado

A Escola Balear de Administración Pública iniciará o 23 de setembro os cursos de formación en catalán dirixidos ao persoal das administracións públicas. A oferta, enmarcada no Plan de Formación Lingüística 2025, inclúe 910 prazas en liña e 175 prazas presenciais para talleres orais en Mallorca, Menorca e Eivisa. As probas de nivel realizaranse en marzo de 2026. O obxectivo é reforzar a competencia lingüística e consolidar unha administración próxima á realidade sociolingüística do territorio.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

Os xulgados das Illas Baleares deberán usar exclusivamente os topónimos oficiais en catalán

O Ministerio de Xustiza trasladoulles aos xulgados das Illas Baleares a indicación de empregar unicamente os topónimos oficiais en catalán, como Eivissa, Maó ou Ciutadella, mesmo nos documentos redactados en castelán. A medida responde así a unha demanda histórica de entidades que defenden o uso do catalán e baséase na lexislación vixente, que recoñece estes nomes como os únicos legalmente válidos.

Fonte: Nou Diari

Illas Baleares

Denuncian a supresión do catalán no cine de estrea na canle pública balear IB3

A Obra Cultural Balear acusa o Goberno do arquipélago de vulnerar a lexislación vixente ao suprimir na canle televisiva IB3 a opción de audio en catalán nas estreas cinematográficas, feito que considera un retroceso na normalización lingüística. A entidade reclama unha rectificación inmediata e lembra que a programación da televisión pública debe cumprir unha función social. Alertan de que sen contidos en catalán, a canle perde o seu sentido autonómico, nun panorama xa saturado de ofertas en castelán.

Fonte: Diari de la Llengua

Illas Baleares

O Goberno balear realizará unha macroenquisa sobre o uso do catalán no arquipélago

O Goberno balear impulsará este ano unha macroenquisa sobre os usos lingüísticos para actualizar os datos de 2014, cando xa se detectara unha diminución do uso social do catalán, e avaliar así o estado actual desta lingua no arquipélago. O estudo analizará variables como o coñecemento do idioma, a súa utilización habitual e a orixe das persoas entrevistadas, nun contexto de forte crecemento da poboación estranxeira.

Fonte: Última Hora

Illas Baleares

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder