Galicia
A Xunta impartiralles cursos de lingua e cultura galegas a máis de 1500 persoas estranxeiras ata final de ano

A Xunta está xa a ofrecerlles cursos de lingua e cultura galegas a persoas non nadas en Galicia “co obxecto de que, ao remate do ano, sexan máis dun cento os impartidos e uns 1500 os participantes nestas clases”. Así o deu a coñecer o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, na inauguración da xornada preparatoria para os técnicos que impartirán esta formación en 28 concellos adheridos á Rede de Dinamización da Lingua.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
López Campos anima o alumnado do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires a seguir mantendo vivo na Arxentina o legado de Castelao
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, animou o alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstol de Bos Aires a manter vivo o legado de Castelao na Arxentina, “país no que nunca deixou de difundir e expandir o seu amor pola lingua, cultura e a terra galegas”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Arredor de dous terzos dos libros que se publicaron en Galicia en 2024 estaban en galego

En 2024 editáronse en Galicia 1948 novos libros, dos que dous terzos se publicaron en galego, situando a oferta total en máis de 22 000 títulos. O sector facturou 27,7 millóns de euros, con predominio do formato impreso e das categorías infantil, xuvenil e texto non universitario. Máis da metade das vendas corresponden a obras en galego, distribuídas sobre todo a través das librerías.
Fonte: Galicia Confidencial
Santiago de Compostela acolle un encontro sobre o impacto da IA no galego, o catalán e o éuscaro

O encontro literario Galeusca 2025 reúne en Santiago máis de 2800 autoras e autores galegos, cataláns e vascos para debater sobre a creación escrita e o impacto da intelixencia artificial nas literaturas minorizadas. Durante dous días, desenvolveranse coloquios, diálogos e un peche artístico con música e improvisación oral. A iniciativa quere fortalecer o diálogo entre linguas e culturas e reivindicar unha maior visibilidade destas no conxunto do Estado.
Fonte: Xornal de Compostela
A Xunta abre o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria de exames Celga

A Xunta de Galicia abre o prazo para inscribirse nunha nova convocatoria das probas que permiten obter os certificados oficiais que acreditan o coñecemento da lingua galega. Así, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia, as persoas interesadas en realizar os exames Celga poderán anotarse ata o vindeiro 3 de outubro.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Santiago oferta un curso de galego de nivel básico dirixido a persoas de fóra de Galicia
Este curso de galego de nivel básico (A2) para persoas que veñen de fóra de Galicia e desexan aprender galego ten carácter presencial. Para matricularse cómpre ser maior de 16 anos e non é necesario ser alumno/a da USC.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As bibliotecas da Coruña acollen grupos de conversa para practicar galego

«Coa lingua de fóra» é unha actividade organizada polas bibliotecas municipais da Coruña dirixida a persoas adultas que desexen practicar galego nun grupo de conversa, que se reunirá semanalmente entre os meses de outubro e decembro, dinamizado por unha persoa nativa.
Fonte: Consello da Cultura Galega
As Xornadas Mar por Medio chegan á súa XX edición co apoio da Secretaría Xeral da Lingua
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na rolda de prensa de presentación da vixésima edición das Xornadas Mar por Medio, que organizan o Concello de Ribadeo e mais a Academia Xacobea coa colaboración da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e da Universidade de Santiago de Compostela.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e as tres universidades galegas poñen en marcha unha campaña para impulsar o uso da lingua

A Xunta de Galicia e as tres universidades galegas poñen en marcha unha campaña conxunta para o fomento do uso da lingua mediante un convenio a través do que o Goberno autonómico achega 30.000 €. A iniciativa, coordinada pola Comisión Interuniversitaria de Normalización Lingüística, foi presentada polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, destacando que “se trata da primeira acción deste tipo que se desenvolve entre as tres institucións académicas”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A nova entrega de Proxector, iniciativa de divulgación en galego, está dedicada á paz e á xustiza social
Proxector, iniciativa de divulgación el galego impulsada polo Consello da Cultura Galega e a USC, dedica a súa nova entrega á xustiza social e á cultura da paz. A escolma reúne vídeos educativos sobre os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a importancia da equidade e o labor de grupos de investigación universitarios.
Fonte: Consello da Cultura Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín