Galicia
López Campos salienta o compromiso da Xunta no incremento do emprego do galego no eido da xustiza

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, salientou o “firme compromiso do Goberno galego co impulso do uso e prestixio da lingua en toda a sociedade, e nomeadamente, no eido da xustiza”. Fíxoo durante a presentación do libro de Carlos Lema, no que o xurista afonda nos novos retos de carácter lexislativo da publicidade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Universidade de Vigo convoca un ano máis as axudas para impulsar o uso do galego nos traballos académicos

A Universidade de Vigo mantén a súa liña de axudas para fomentar o uso do galego na investigación, destinada a teses de doutoramento e traballos de fin de grao e mestrado redactados e defendidos nesta lingua. Nesta edición repartirase un total de 12 000 euros: 600 para as mellores teses e 150 para os TFG e TFM.
Fonte: Universidade de Vigo
A Xunta colabora con 22 proxectos editoriais para favorecer o acceso universal á lectura

A Xunta de Galicia colabora con 22 proxectos editoriais para favorecer o acceso universal á lectura e a creación literaria a través das subvencións para a edición de audiolibros e libros de lectura fácil. Así se recolle na resolución desta liña de axudas con carácter plurianual para 2025 e 2026 que publicou o Diario Oficial de Galicia.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta abre o prazo para a participación dos centros educativos no concurso das Letras galegas 2026
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude e a de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional colaboran unha edición máis no concurso para elaborar unha exposición sobre o Día das Letras Galegas. Trátase dunha iniciativa dirixida aos centros de ensino público non universitario que xirará ao redor da figura de Begoña Caamaño, a homenaxeada no 2026, e que convida ao alumnado a elaborar unha mostra centrada na creación, a época e a situación sociolingüística da etapa na que viviu a escritora e xornalista.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta e Galaxia presentan o ensaio ‘Ser humanos’, gañador do premio Ramón Piñeiro 2024
O secretario xeral da Lingua, Valentín García participou na presentación de Ser humanos, de Pilar Casal, coa que acadou o XXIII Premio Ramón Piñeiro de Ensaio, convocado pola Xunta de Galicia e a Editorial Galaxia co apoio de Caixa Rural Galega.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta imparte portugués nun centenar de centros con 6300 estudantes, un 40 % máis que en 2023

A Xunta de Galicia imparte materias de lingua portuguesa nun centenar de centros con máis de 6300 alumnos matriculados, o que supón 2550 máis que hai dous anos e un incremento do 40 %.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xosé Miranda gaña o XXIII Premio de Poesía Afundación, co que colabora a Xunta
O escritor e profesor Xosé Miranda, coa obra As torres abolidas, fíxose co XXIII Premio de Poesía Afundación, promovido por esta institución, a Xunta de Galicia e o Centro PEN Galicia. No veredicto do certame estivo presente o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, quen destacou a relevancia deste consolidado galardón na nosa axenda cultural para fomentar a produción poética en galego.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García inaugura en Fisterra a mostra «Cantade todas a unha»
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, inaugurou no Mercado Cultural canda o rexedor fisterrán, Luis Insua, a mostra «Cantade todas a unha. O cantigueiro popular galego», conmemorativa das Letras Galegas 2025.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta impulsa a celebración na Illa de San Simón dunha nova edición do Obradoiro de Tradución Poética ‘Con barqueira e remador’
A Xunta de Galicia volve impulsar na Illa de San Simón a celebración do Obradoiro Internacional de Tradución Poética «Con barqueira e remador», que conta co apoio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude para converter este espazo nun laboratorio creativo ao redor da diversidade e riqueza idiomática e cultural.
Fonte: Xunta de Galicia
Carmen V. Valiña gaña o Premio Narrativa Breve Repsol co que colabora a Xunta polo seu impulso da lingua
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, enxalzou “o prestixio e importante contribución no fomento da lectura en galego” do Premio Narrativa Breve Repsol en Lingua Galega, cuxa gañadora desta XIX edición resultou ser Carmen V. Valiña coa obra A illa que supuraba sangue, tal e como se anunciou nun acto celebrado en Vigo, cidade elixida con motivo do 75º aniversario da Editorial Galaxia que cada ano publica a obra distinguida.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín