Galicia

A Xunta de Galicia elabora unha guía para simplificar a linguaxe administrativa

A Consellería de Facenda e Administración Pública publicou a Guía para simplificar as mensaxes dirixidas á cidadanía con recomendacións dirixidas ao persoal empregado público para simplificar a linguaxe administrativa e adaptala á persoa usuaria e conseguir así unha comunicación máis clara e eficiente.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Novas voces entran a formar parte do Dicionario da Real Academia Galega

O Dicionario da Real Academia Galega incorpora os termos alfombreiro/a, auguista e lubre tras recibir propostas de diversas entidades e persoas vinculadas á cultura galega. A institución destaca a importancia destas achegas para enriquecer o léxico e manter actualizado este recurso en liña.

Fonte: Real Academia Galega

O Concello da Coruña presenta a nova programación de dous proxectos de dinamización do galego

O Concello da Coruña impulsa o uso do galego nas aulas a través dos programas Falamos primaria e Falamos secundaria, que ofrecen concertos e obradoiros didácticos en centros públicos. A iniciativa, que se desenvolverá entre outubro e novembro de 2025, contará coa participación de diferentes artistas e divulgadores.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Publícase a oitava edición do Atlas Lingüística Galego

O Instituto da Lingua Galega publica o oitavo volume do Atlas Lingüístico Galego, dedicado ao léxico vinculado ao ser humano, con 280 mapas sobre 259 conceptos recollidos en 167 localidades galegas. En total recolle 3695 variantes léxicas para estes conceptos.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

Convócanse dous cursos de linguaxe administrativa galega para persoal de seguridade pública

A Academia Galega de Seguridade Pública ofrece dous cursos en liña de linguaxe administrativa galega, de nivel medio e superior, destinados ao persoal dos servizos de seguridade pública de Galicia.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Valentín García participa en Ribeira na inauguración do mural Castelao

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou en Ribeira na inauguración do mural Castelao, que loce na praza de España ribeirense co gallo da programación conmemorativa do Ano Castelao impulsada desde a Xunta de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Publícase un novo recurso terminolóxico sobre os océanos con termos en diferentes linguas, entre elas, o galego

Con motivo da Conferencia das Nacións Unidas sobre os Océanos, o Ministerio de Cultura francés e a rede Realiter publicaron un vocabulario multilingüe con 225 termos sobre o medio mariño. O galego forma parte das linguas incluídas grazas ao labor de Iolanda Galanes e Manuel Ángel Pombal, docentes da Universidade de Vigo.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta e a Deputación de Ourense difunden o audiovisual galego cun ciclo de verán por 30 localidades da provincia

A Xunta de Galicia e a Deputación de Ourense difunden o audiovisual galego cunha escolma de filmes de distintos xéneros, todos eles realizados no noso idioma, cos que se artella un amplo ciclo de cine de verán con proxeccións ao aire libre en 30 localidades da provincia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Nós Diario publica un caderno especial con propostas para a normalización do galego en diferentes áreas

O 25 de xullo, Nós Diario publicou o caderno 100 ideas para expandir a lingua galega con propostas para promover o uso do galego, elaborado por 10 persoas expertas de distintos sectores. Cada unha delas achega 10 accións específicas para avanzar na normalización da lingua nas súas áreas de traballo, que suman un total de cen ideas que buscan fortalecer a presenza do galego na sociedade.

Fonte: Consello da Cultura Galega

Nace omeu.gal, un novo servizo de correo electrónico en lingua galega

PuntoGal e Raiola Networks presentan omeu.gal, o primeiro servizo de correo electrónico gratuíto con dominio .gal, creado en software libre e integramente en galego. Este proxecto busca reforzar a presenza desta lingua no ámbito dixital e prevé futuras versións melloradas e novas colaboracións no eido das TIC.

Fonte: Dominio PuntoGal

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder