Galicia

A Universidade de Vigo presenta un glosario de termos científicos en galego

A Universidade de Vigo presentou a Escolma de termos científicos, un glosario que recolle vocabulario técnico en galego nos ámbitos xurídico, medioambiental e micolóxico. A iniciativa busca normalizar o uso do galego na ciencia e visibilizar a investigación na lingua propia. O proxecto, desenvolvido por docentes da UVigo, reivindica a riqueza léxica galega e aposta pola súa conservación. A publicación compleméntase cun almanaque ilustrado e prevese a súa continuidade dentro do Plan de Ciencia de Ida e Volta 2025-2026.

Fonte: Universidade de Vigo

A delegación da Xunta en Lugo acolle a entrega de premios do concurso infantil de debuxo con motivo do bicentenario da Policía Nacional

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu esta tarde o acto de entrega dos premios do concurso infantil de debuxo convocado con motivo do Bicentenario da Policía Nacional. A Secretaría Xeral da Lingua, dependente da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, colaborou coa Comisaría Provincial lucense na organización do certame, no que participaron alumnos e alumnas de Educación Primaria de toda a provincia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Universidade de Santiago crea unha páxina web para axudar a restituír á súa forma orixinal os apelidos galegos

A maioría dos apelidos galegos teñen orixe toponímica, antroponímica ou descritiva, pero moitos foron castelanizados dende o século XVI. Para recuperar a súa forma correcta, a Facultade de Filoloxía presentou un web que ofrece información sobre este proceso, permitido pola lei dende 2011. Ademais, lanzouse unha campaña audiovisual para divulgar esta posibilidade e animar a cidadanía a restaurar os seus apelidos orixinais.

Fonte: Universidade de Santiago de Compostela

A Deputación de Pontevedra convoca o programa +Música de apoio á programación artística profesional en galego

A Deputación de Pontevedra convoca o programa +Música 2025 para fomentar a programación artística profesional en galego nos concellos da provincia con menos de 50 000 habitantes. As entidades locais poderán solicitar ata dúas actuacións dos grupos que ofrece o Catálogo +Música, que deberán realizarse entre abril e decembro de 2025.

Fonte: Consello da Cultura Galega

A Xunta convoca a máis de 100 profesionais de diferentes ámbitos para renovar o Plan xeral de normalización da lingua

A Xunta de Galicia reúne na Cidade da Cultura máis de 100 profesionais de recoñecido prestixio e diferentes ámbitos para renovar o Plan xeral de normalización da lingua galega.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta abre o prazo do premio de relato curto ‘Nortear’ para obras escritas en galego ou portugués

A Xunta de Galicia abriu o prazo para participar na 11º edición do premio de relato curto Nortear que recoñece obras en galego ou portugués e está impulsado pola Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal e a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, en colaboración coa Comisión de Coordinación e Desenvolvemento Rexional do Norte I.P.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Xunta incrementa as prazas e os cursos de preparación para obter os certificados de lingua galega

A Xunta de Galicia continua co seu compromiso no impulso da lingua galega incrementando o número de prazas e de cursos de preparación para obter os certificados de lingua galega para este 2025. No marco do proceso iniciado ao abeiro do Pacto pola lingua, a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude busca promover o uso e o aprendizaxe do galego a través desta convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

A Deputación de Pontevedra convoca axudas para os servizos de normalización lingüística municipais

A Deputación de Pontevedra abre unha liña de axudas para concellos e entidades locais que queiran crear, manter ou reforzar os seus servizos de normalización lingüística en 2025. As subvencións están dispoñibles para municipios de menos de 50.000 habitantes e asociacións municipais sen este servizo, así como para os que precisen ampliación de persoal ou xornada. O prazo para presentar solicitudes será dun mes desde a publicación da convocatoria.

Fonte: Consello da Cultura Galega

O proxecto «Modo galego, actívao!» chega á súa terceira edición con maior participación de alumnado e familias

A Real Academia Galega e o Concello de Ames continúan co proxecto «Modo galego, actívao!», que busca incrementar o uso do galego na infancia a través de retos diarios en infantil e primaria. As actividades, deseñadas segundo avaliacións previas, implican alumnado, profesorado, familias e persoal municipal. O programa conta cunha notable adhesión e a colaboración de figuras destacadas da música, o teatro e as redes sociais.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta anuncia a convocatoria da terceira edición do Premio Relato Curto Nélida Piñón como pulo á creación literaria galega

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, anunciou hoxe a próxima convocatoria da terceira edición do Premio Relato Curto Nélida Piñón, en colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Cerdedo-Cotobade. Fíxoo nunha visita a este municipio pontevedrés, terra familiar da escritora brasileira, onde puxo en valor a importancia de recuperar, tras o parón causado pola pandemia, “este certame prestixioso, tanto pola autora á que homenaxea como polos autores aos que se ten recoñecido con este galardón”.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder