Galicia
A Xunta reforza os lazos coa lusofonía na XI edición do Festival Converxencias Portugal-Galicia

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, presentou unha nova edición do Festival Converxencias Portugal-Galicia, que celebra a súa 11ª convocatoria cunha ampla programación composta por música, danza, teatro, cinema e literatura. Trátase dunha iniciativa que, tal e como salientou, aposta por “reforzar os lazos entre o galego e mundo lusófono”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Convócanse cursos de linguaxe administrativa e xurídica galega para o persoal da Administración pública
A Escola Galega de Administración Pública convoca 32 cursos, na modalidade de teleformación, de linguaxe administrativa galega e cinco de linguaxe xurídica galega (niveis medio e superior) para persoal das distintas administracións de Galicia.
Fonte: Consello da Cultura Galega
A Universidade da Coruña organiza cursos de galego dirixidos á carreira xudicial
O Centro de Linguas da UDC organiza dous cursos de galego para fomentar o seu uso no ámbito xudicial: un de iniciación, para xuíces e xuízas que se acerquen ao galego por primeira vez, e outro de usuario independente, dirixido a quen busca perfeccionar o seu dominio do idioma.
Fonte: Universidade da Coruña
O programa da Xunta «21 días co galego e +» arranca a súa sétima edición con obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais

O programa de dinamización lingüística da Xunta «21 días co galego e +» arranca a súa sétima edición que ofrecerá obradoiros de regueifas, contacontos e actuacións musicais nos centros que participan. Así o avanzaron no acto de apertura desta iniciativa o secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús M. Álvarez Bértolo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
O modelo de intelixencia artificial DeepSeek destaca polo seu manexo fluído do galego
O chatbot chinés de código aberto DeepSeek destaca polo seu bo manexo do galego e a súa análise sobre a situación da lingua. Recoñece os esforzos na súa promoción, pero tamén os retos, como a perda de falantes en contornos urbanos. Propón medidas para reforzar o uso do galego, desde a educación ata os medios. Ademais, valora positivamente a ciencia en galego, aínda que advirte sobre a falta de continuidade e visibilidade nos medios.
Fonte: Neofalantes
RTVE confirma que xa se traballa na versión en galego da canle infantil Clan

RTVE emitirá contidos infantís en catalán e castelán en Clan antes de que remate 2025 e traballa para incorporalos tamén en éuscaro e galego. Ademais, prepara unha oferta específica en catalán e ampliará a presenza das outras linguas cooficiais.
Fonte: Galicia Confidencial
A Xunta apoia a celebración do Día dos Medios en Galego que inclúe concertos e unha web para fomentar o uso da lingua

A Xunta de Galicia apoia unha nova edición do Día dos Medios en Galego, que organiza cada 7 de febreiro, a Asociación de Medios en Galego, e que, nesta ocasión, incluirá a publicación ese mesmo día dunha páxina web con 100 medidas para fomentar o uso do galego e a celebración dun concerto na Coruña coas actuacións de Leria e A Banda da Loba.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Preséntase unha nova guía en liña de apelidos galegos

A Real Academia Galega presenta unha nova Guía de apelidos galegos, que recolle máis de 6000 nomes de familia que abranguen arredor do 95 % da poboación galega. Esta ferramenta en liña permite consultar as formas estándar e non estándar dos apelidos e descargar informes acreditativos da súa forma correcta. A guía baséase no corpus do Dicionario de apelidos galegos, no que se está a traballar e que ofrecerá a etimoloxía e a distribución xeográfica de cada forma.
Fonte: Real Academia Galega
Valentín García salienta a importancia de promover o uso do galego no ámbito eclesiástico na presentación de ‘Coroas de santidade'
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, participou na presentación da obra Coroas de santidade, do autor Manoel Carrete Rivera, onde salientou a importancia de promover o uso da lingua galega no ámbito eclesiástico.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta inicia en Vigo a programación conmemorativa do ‘Ano Castelao’ nos centros escolares

O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participaron hoxe no instituto Castelao de Vigo nunha das primeiras programacións escolares, impulsadas co apoio da Xunta de Galicia para festexar o Ano Castelao, coincidindo co 75 aniversario do pasamento deste intelectual galeguista.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín