Galicia

As nadaliñas de Antía Cal e Antón Beiras revelan un advento en galego no franquismo

A iniciativa do Legado Activo Beiras Cal, que reuniu un total de 24 nadaliñas enviadas ou recibidas polo oculista e investigador Antón Beiras e a mestra e pedagoga Antía Cal, destacan polo seu valor histórico e estético e poñen en evidencia a defensa da lingua e a cultura galega nun período de censura.

Fonte: Praza Pública

 

Bibopalula lidera o entretemento infantil en galego

Bibopalula, o novo proxecto de contidos infantís en galego impulsado pola produtora Undodez e a Televisión de Galicia, consolídase como un referente no sector grazas á súa ampla aceptación en Xabarin.gal, así como en redes sociais e nas principais plataformas de audio. A iniciativa ten como obxectivo fortalecer o uso da lingua galega entre os máis pequenos.

Fonte: Galicia Confidencial

A Editorial Galaxia é galardoada co Premio Trasalba 2025

A Fundación Ramón Otero Pedrayo concedeulle o Premio Trasalba 2025 á Editorial Galaxia, coincidindo co 75 aniversario da súa fundación. O galardón recoñece a súa contribución á promoción da cultura e lingua galega e o papel clave no renacer cultural e lingüístico de Galicia, ademais de destacar o seu esforzo por divulgar a obra de Ramón Otero Pedrayo.

Fonte: Cultura Galega

A Rede de Dinamización Lingüística suma 254 entidades tras incorporar oito novos concellos

A Rede de Dinamización Lingüística acaba de incrementarse ata as 254 entidades, tras incorporar oito novos concellos. Así se deu conta na reunión anual do Consello de Membros, celebrada en Santiago de Compostela e na que participou o secretario xeral da Lingua, Valentín García.

Fonte: O Portal da Lingua Galego

Galaxia pecha o ano de Luísa Villalta con tres novos volumes que celebran a súa obra

A Editorial Galaxia completa o catálogo dedicado a Luísa Villalta, autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024, con tres novas publicacións: Narrativa inédita e dispersaPoesía inédita e dispersa e Teatro completo. Estas obras destacan a versatilidade da escritora, abordando xéneros como narrativa, poesía e teatro, e recuperando textos inéditos e significativos da súa traxectoria. Tamén se subliña a súa visión feminista e crítica da sociedade.

Fonte: Cultura Galega

Agustín Agra gaña o XXIII Premio Avilés de Taramancos con "O trebón do norte"

O escritor noiés Agustín Agra obtivo o XXIII Premio Avilés de Taramancos de Relato de Aventuras co seu relato O trebón do norte. O galardón inclúe unha estatua conmemorativa, 3000 euros e a publicación da obra por Toxosoutos.

Fonte: Cultura Galega

O Concello de Padrón convoca unha nova edición do Certame Poético Rosalía de Castro

O Concello de Padrón e a Casa de Rosalía convocan a XI edición do Certame Poético Rosalía de Castro, que busca fomentar a poesía en galego e homenaxear a escritora. O concurso está aberto a obras inéditas en galego cunha extensión mínima de 400 versos. O prazo de presentación remata o 17 de marzo de 2025 e a obra gañadora recibirá 1500 euros.

Fonte: Concello de Padrón

«Cantareira» convértese na Palabra do Ano 2024 en galego

O termo «cantareira», elixido como a Palabra do Ano 2024 mediante votación popular, destaca a importancia das mulleres que conservaron e transmitiron a poesía e a música popular galegas. Co 25 % dos apoios, esta elección reflicte unha vontade colectiva de celebrar a tradición oral e o seu papel no futuro da creatividade en galego.

Fonte: Real Academia Galega

A Xunta inicia a renovación do Plan xeral de normalización da lingua baixo a coordinación do académico Manuel González

A Xunta de Galicia iniciou o proceso para renovar o Plan xeral de normalización da lingua galega coa elección de Manuel González, como coordinador, e a celebración da primeira xuntanza de traballo cos responsables das comisións encargadas de renovar o documento.

Fonte: Xunta de Galicia

A Xunta presentará os coordinadores dos grupos de traballo para renovar o Plan xeral de normalización da lingua galega

A Xunta presenta o xoves, día 26, as persoas coordinadoras das comisións de traballo, que van ser as encargadas de renovar o Plan xeral de normalización da lingua galega. Así o anunciou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, quen puxo en valor estas designacións e xuntanza como “primeiro e imprescindible paso” para a posta en marcha destes grupos de traballo.

Fonte: O Portal da Lingua Galega

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder