Galicia
A Universidade de Santiago outorgaralle créditos de libre configuración ao alumnado que participe no Proxecto Nós

O alumnado da USC poderá obter créditos de libre configuración tras colaborar con 25 horas de gravación e validación no Proxecto Nós. Contribuirá así á presenza do galego na intelixencia artificial en igualdade coas grandes linguas globais. Con 300 horas de gravacións dispoñibles ata o momento, o obxectivo é alcanzar máis de 1000 horas, grazas ao fomento da participación continua.
Alumnado do IES As Telleiras de Narón crea un xogo de cartas para fomentar o uso do galego no ámbito sanitario
O alumnado de 1º da ESO do IES As Telleiras desenvolveu «Coida a túa lingua», un xogo de cartas en galego sobre léxico sanitario para promover o uso da lingua entre a cativada e incrementar a súa presenza no ámbito médico. A iniciativa, que forma parte do proxecto de dinamización lingüística Xera, busca fomentar a creatividade e a implicación da mocidade de Narón para normalizar o galego en diversos sectores. Exemplares do xogo foron entregados ao persoal de Pediatría para distribuír entre as familias.O alumnado de 1º da ESO do IES As Telleiras desenvolveu «Coida a túa lingua», un xogo de cartas en galego sobre léxico sanitario para promover o uso
Fonte: Concello de Narón
A Xunta incentiva o uso da lingua nas cerimonias relixiosas coa publicación do misal romano en galego

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presentou o Misal Romano en lingua galega co que se pretende, resaltou, “potenciar o uso do idioma en ámbitos con gran peso na nosa sociedade como é o relixioso”. Así, a través dun convenio co Arcebispado de Santiago, editáronse 1.500 exemplares baixo o selo da editorial da Conferencia Episcopal Española que serán distribuídos a través das dioceses galegas.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A Xunta ofrecerá en 2025 cursos de lingua para sanitarios co fin de incrementar o seu uso e mellorar a atención a pacientes

Os conselleiros de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, presentaron as novas medidas que a Xunta de Galicia porá en marcha nas vindeiras semanas para incentivar o uso da lingua galega no ámbito sanitario, entre as que destacan os cursos de galego que o Servizo Galego de Saúde incluirá en 2025 no seu plan de formación para mellorar a atención a pacientes galegofalantes. Esta é unha das primeiras accións deseñadas polo Goberno galego ao abeiro do Pacto da Lingua coa finalidade de impulsar e prestixiar o idioma en diferentes ámbitos da nosa sociedade.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Xermade celebra o Día da Restauración da Memoria Lingüística de Galicia
No cemiterio de Momán, no concello de Xermade, colocouse unha placa conmemorativa e substituíuse unha lápida escrita en castelán por outra en galego, homenaxeando a Jesús Paz Paz, veciño comprometido coa comunidade. O acto, que combinou poesía, música e reflexións sobre o uso do galego en todos os ámbitos, reafirmou o esforzo por recuperar espazos lingüísticos para esta lingua.
Fonte: La Voz de Galicia
Valentín García acompaña a Rosalía Morlán na presentación da obra O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros

Valentín García, acompañou á escritora Rosalía Morlán Vieites na presentación do libro infantil ilustrado O dragón Antón e o sapo Rosendo viaxan ata os faros, publicado por Edicións Fervenza. O acto, celebrado no Salón Teatro, contou co acompañamento musical da Coral de Habaneiras da Rocha Forte.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Publícase unha tradución ao hindi de oito poemas da obra Papagaio de Luísa Villalta
A Real Academia Galega culmina o ano dedicado a Luísa Villalta traducindo ao hindi oito poemas da súa obra Papagaio. A tradución, realizada por Vikash Kumar Singh, amplía o acceso á súa literatura a unha das maiores comunidades lingüísticas do mundo.
Fonte: Real Academia Galega
A Xunta e a CRTVG potencian contidos audiovisuais en galego dirixidos á infancia coa plataforma Xabarín.gal

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou na presentación das novidades de Xabarín.gal, unha nova plataforma de entretemento da CRTVG de contidos en galego dirixidos aos máis pequenos e pequenas coa que colabora o Goberno galego co obxecto, segundo salientou, “de incrementar o emprego da nosa lingua entre as xeracións máis novas”.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
A UNED de Pontevedra organiza un curso de lingua galega
Este curso de iniciación á lingua galega, organizado pola UNED de Pontevedra en colaboración co Concello de Ribadumia, está dirixido a público xeral sen coñecementos previos de galego. As sesións, de carácter presencial, desenvolveranse entre os meses de xaneiro e maio de 2025.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Valentín García valora o novo recurso en liña do Centro Ramón Piñeiro para xeorreferenciar os santuarios das Cantigas de Romaría
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, puxo en valor o novo recurso en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades que xeorreferencia os santuarios evocados nas Cantigas de Romaría, unha modalidade das coñecidas como Cantigas de Amigo.
Fonte: O Portal da Lingua Galega
Boletín
Subscríbase ao boletín