Mundo
Romanía ofrecerá cursos de romanés para persoas estranxeiras en varios lugares
Romanía porá en marcha cursos de lingua romanesa dirixidos a persoas estranxeiras, que se impartirán en Bucarest e a través do Instituto Cultural Romanés en distintos países. O obxectivo é facilitar a integración lingüística e cultural de residentes e estudantes internacionais.
Fonte: AGERPRES
Islandia ofrece un curso básico de lingua de signos para persoas migrantes
A Dirección Xeral de Traballo de Islandia puxo en marcha un curso de iniciación á lingua de signos islandesa para persoas migrantes xordas con pouco ou ningún coñecemento previo. A formación ten como obxectivo mellorar a inclusión, a comunicación e a integración social deste colectivo.
Fonte: Ísland.is
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa pon en marcha novos programas para impulsar a lingua portuguesa na CPLP
O Instituto Internacional da Lingua Portuguesa (IILP) anunciou a creación de novos programas de apoio destinados a promover o uso do portugués na investigación, no ensino superior e en proxectos culturais dentro dos países e rexións da Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa (CPLP). As iniciativas inclúen financiamento para congresos e seminarios e un fondo para pequenos proxectos de escolas, entre outras accións.
Fonte: Correio da Manhã
A China intensifica os esforzos para reducir o uso da lingua mongol
Unha investigación recente alerta de que o goberno chinés está a aplicar políticas que restrinxen o uso da lingua mongol en educación, medios dixitais e espazos culturais na rexión autónoma da Mongolia Interior. O informe denuncia censura, peches de plataformas nesta lingua e medidas que contribúen á erosión da identidade cultural mongol.
Fonte: Bitter Winter
Un novo organismo sobre o mirandés asume a promoción da lingua co ensino como prioridade

Presentouse en Miranda do Douro un novo organismo para a promoción da lingua mirandesa (EMPLM, polas súas siglas en portugués), que estará dedicado á defensa e promoción da lingua mirandesa, cun foco especial na súa integración no sistema educativo. O obxectivo principal é reforzar o ensino do mirandés nas escolas e garantir a transmisión da lingua ás novas xeracións.
Fonte: Jornal de Notícias
Falar linguas diferentes podería axudar a manter o noso cerebro máis novo durante máis tempo
Un estudo recente publicado na revista científica Nature indica que as persoas multilingües poden conservar a saúde cerebral durante máis anos en comparación coas monolingües. A investigación suxire que falar varias linguas está relacionado cun mellor funcionamento cognitivo e cun atraso nos efectos do envellecemento cerebral.
Fonte: PsyPost
L’Alguer impulsa un festival infantil para fomentar a música en catalán
A cidade sarda de L’Alguer organizará na primavera o seu primeiro festival de música en catalán dirixido a nenos e nenas de entre 5 e 11 anos. O proxecto pretende promover a lingua e a cultura algueresa nas escolas mediante a creación de cancións orixinais. O acto contará coa participación das escolas primarias da cidade.
Fonte: El Diari de la Llengua
Entra en vigor a lexislación sobre identidade e linguas de Irlanda do Norte
O Goberno do Reino Unido puxo en marcha as principais medidas da Lei de Identidade e Linguas en Irlanda do Norte, recoñecendo oficialmente o irlandés e o escocés do Úlster. A norma nacera co obxectivo de reforzar os dereitos lingüísticos e a diversidade cultural da rexión.
Fonte: Irish Legal News
O Instituto Politécnico de Castelo Branco promove cursos regulares de linguas
O Centro Interdisciplinario de Linguas, Cultura e Educación (CILCE), do Instituto Politécnico de Castelo Brano, Portugal, anunciou a apertura de cursos regulares de inglés (A1–B2), francés (A1) e portugués como lingua estranxeira (A1) para o segundo semestre. Os cursos seguen o Marco Europeo Común de Referencia para as Linguas.
Fonte: Central Press
A Universidade de Évora concede o Premio Vergílio Ferreira 2026 ao escritor José Luís Peixoto
A Universidade de Évora distinguiu o escritor portugués José Luís Peixoto co Premio Vergílio Ferreira 2026, en recoñecemento á forza creativa e á relevancia da súa obra literaria que conta con traducións en máis de 30 linguas.
Fonte: SIC Notícias
Boletín
Subscríbase ao boletín