Mundo

A oferta para estudar galego, vasco e catalán é maior no estranxeiro que en España

En Cantabria, A Rioxa, Castela-A Mancha ou Canarias non hai un só centro académico que imparta cursos de galego, catalán e vasco e fóra dos seus respectivos ámbitos lingüísticos a oferta educativa segue a ser moi limitada. Outros países parecen máis conscientes da realidade plurilingüe de España, xa que neles a oferta é relativamente máis alta.

Fonte: Público

A Unesco alerta da urxencia de tomar medidas en Arxentina para protexer as linguas nativas que están a piques de desaparecer

Arredor dunha decena de linguas nativas están en perigo de desaparición ou nun estado crítico en Arxentina e os expertos, os organismos oficiais e as comunidades deben tomar medidas innovadoras para parar esta tendencia, alertou a Unesco.

Fonte: Tucumán Noticias

O interese pola lingua chinesa medra no Reino Unido

Co xurdimento da moda pola lingua chinesa en Gran Bretaña, cada vez máis escolas británicas ofrecen cursos de chinés e a lingua chinesa está a recibir maior atención, o que constitúe unha nova oportunidade de desenvolvemento para o país.

Fonte: People's Daily Online

Cinco linguas de Colombia están a piques de desaparecer e outras dezanove encóntranse nunha situación crítica

Cinco linguas nativas están "case extintas" e outras dezanove "en serio perigo" de desapareción en Colombia, segundo un estudo oficial difundido con motivo do Día Mundial da Lingua Materna.

Fonte: European Pressphoto Agency

A Unesco declara que o ensino na lingua materna é un poderoso instrumento para combater a discriminación

“Sabemos que importancia ten para os bos resultados da aprendizaxe o ensino na lingua materna”, declarou Irina Bokova, directora xeral da Unesco, con motivo da celebración do Día Internacional da Lingua Materna. “O ensino no idioma materno é un poderoso instrumento de loita contra a discriminación e un medio de chegar aos marxinados”.

Fonte: Unesco

A educación bilingüe é fundamental para a preservación das linguas nativas de Perú

A directora xeral da Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco), Irina Bokova, salientou en Perú a importancia de promover o ensino bilingüe para evitar a desaparición das linguas nativas deste país.

Fonte: La Estrella

Un total de 41 linguas minoritarias de China podería desaparecer

A metade das linguas do mundo está en perigo de desaparición e China enfróntase ao risco de perder 41 idiomas de grupos étnicos, revelou unha reportaxe de China Radio Internacional.

Fonte: China Daily

O uso da lingua inglesa medra en China

De aquí a poucos anos é teoricamente posible que o número de chineses falantes de inglés supere a poboación de todos os países anglófonos do mundo. Segundo datos de English First, unha das institucións máis importantes de ensino de linguas do mundo, máis de 300 millóns de chineses están estudando inglés, o que constitúe aproximadamente un cuarto da poboación de China.

Fonte: China Daily

Israel proxecta a abolición do árabe como lingua oficial

O parlamento israelí está ideando un proxecto de lei que propón a abolición do árabe como lingua oficial no estado sionista. Isto requiriría a revogación da lexislación imperativa británica sobre Palestina do ano 1922 que adoptou o árabe, o hebreo e o inglés como linguas oficiais.

Fonte: Scoop

O partido político indio Shiv Sena reclama o status de lingua clásica para o maratí

A formación política Shiv Sena da India enviou unha solicitude formal ao primeiro ministro indio Manmohan Singh coa que reclama o status de lingua clásica para o maratí, unha lingua antiga falada por 95 millóns de persoas. Ata agora as linguas que gozan deste recoñecemento son o támil, o sánscrito, o canarés e o telugú.

Fonte: The Times of India

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder