Mundo

A Corporación Nacional para o Desenvolvemento Indíxena de Chile organiza cursos de aimará para preservar esta lingua nativa

A Corporación Nacional para o Desenvolvemento Indíxena (CONADI) ofrece desde 2006 cursos básicos de aimará para promover esta lingua nativa en Chile.

Fonte: La Estrella de Iquique

Un deputado socialista de Portugal reclama unha maior promoción da lingua portuguesa

O deputado do Parlamento portugués para a Emigración, Paulo Pisco, defendeu a necesidade de "ir máis lonxe" e actuar con "maior eficacia" na promoción da lingua e cultura portuguesas no estranxeiro.

Fonte: Diário de Notícias

O Parlamento turco recibe máis dun millón de sinaturas para demandar educación en kurdo

Con ocasión dunha campaña iniciada pola plataforma pro-kurda Congreso para unha Sociedade Democrática (DTK), recolléronse máis dun millón de sinaturas para demandar unha "educación na lingua materna". Esta petición tamén se enviará á Unión Europea e á Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco).

Fonte: Rojhelat

O bilingüismo é unha vantaxe laboral para os hispanos nos Estados Unidos

O bilingüismo é unha vantaxe para os hispanos, xa que lles permite acceder a mellores traballos nos Estados Unidos, afirmou o representante portorriqueño ante o Congreso estadounidense, Pedro Pierluisi.

Fonte: Vívelo Hoy

Arredor de 300 linguas empréganse en Londres cada día

Nos últimos seis ou sete anos, Londres converteuse na Torre de Babel do mundo moderno. Máis dun terzo dos londinienses naceron no estranxeiro, é dicir, 2,5 millóns de persoas. A cidade dá acubillo a máis de 270 nacionalidades e 300 linguas.

Fonte: London Evening Standard

A lingua totonaca de México está a piques de desaparacer

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) incluíu no seu Atlas das linguas do mundo en perigo dúas variantes do totonaco faladas no estado mexicano de Puebla, o totonaco do norte e o totonaco de Ozomatlán, xa que son linguas que se encontran en "perigo crítico" de desaparición.

Fonte: E-consulta

Moitos mozos luxemburgueses teñen dificultades coa lingua francesa

Aínda que o francés é unha lingua oficial do Gran Ducado do Luxemburgo (e, normalmente, a lingua usada na comunicación da Administración), unha parte importante da mocidade parece ter dificultades con esta lingua. Esta é unha das conclusións dun cuestionario no que participaron máis de 3.000 alumnos de idades comprendidas entre os 15 e os 18 anos, en 17 escolas de todo o país.

Fonte: 352LUXMAG

Un estudo mostra que dúas linguas poden convivir nunha mesma sociedade

Físicos e matemáticos da Universidade de Santiago de Compostela invalidan a teoría de que unha lingua máis forte acabará por suprimir inevitablemente unha lingua máis feble en países bilingües. Os investigadores basearon a súa análise nas pautas dos falantes de galego e castelán na comunidade autónoma de Galicia.

Fonte: Wales Online

O presidente da Asemblea das Primeiras Nacións de Canadá reclama a revitalización das linguas orixinarias

O presidente da Asemblea das Primeiras Nacións de Canadá, Shawn Atleo, reclamou apoio ao país e aos canadenses para revitalizar as linguas indíxenas. "Como linguas orixinarias desta terra, as linguas indíxenas requiren dun investimento importante que debe ser comparable ao que se lles dá ás dúas linguas oficiais de Canadá", afirmou Shawn Atleo con ocasión do Día Internacional da Lingua Materna.

Fonte: Wawatay News

A demanda de empregos plurilingües florece no Reino Unido

A pesar da suba das cifras do desemprego en Europa e no Reino Unido despois da recesión europea en 2009, a demanda de empregos plurilingües segue a florecer no Reino Unido, tal como indicou Top Language Jobs, a maior plataforma electrónica europea de busca de emprego para candidatos bilingües e plurilingües.

Fonte: Benzinga

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder