Mundo

Un estudo mostra que as linguas modernas do mundo poderían descender dunha única lingua falada en África

Un recente estudo indica que as 6.000 linguas modernas do mundo poderían ter descendido dunha única lingua ancestral falada por humanos prehistóricos de África hai entre 50.000 e 70.000 anos.

Fonte: The Wall Street Journal

Un estudo revela que o árabe é a segunda lingua máis falada en Australia

Un estudo revelou que o árabe é, despois do inglés, a lingua máis falada pola xente nova en Australia. Un de cada oito nenos multilingües emprega esta lingua no ámbito familiar.

Fonte: Gulfnews

Un hotel do norte de Gales prohibe falar galés a unha parte do seu persoal

O hotel Gwesty Carreg Môn, en Anglesey, no norte de Gales, emitiu unha norma pola que prohibe falar galés ao persoal de cociña porque o seu principal responsable non fala nin entende esta lingua. A dirección do hotel afirma que tomou esta decisión "unicamente por razóns de seguridade" para garantir o bo funcionamento do servizo de restauración.

Fonte: Daily Post

O presidente de Xeorxia quere que a poboación de orixe non xeorxiana aprenda xeorxiano

O presidente de Xeorxia, Mikheil Saakashvili, apoiará a aprobación dun programa que requirirá unha aprendizaxe máis exhaustiva da lingua xeorxiana para a poboación de orixe non xeorxiana.

Fonte: News.am

Galicia contribúe á promoción da diversidade lingüística no marco do proxecto "Linguas e falantes por unha Europa diversa"

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase ao recoñecemento da diversidade lingüística. O departamento que dirixe Anxo Lorenzo vén de participar na primeira reunión sobre o proxecto “Lingua e falantes por unha Europa diversa”, promovido pola Rede para a Promoción da Diversidade Lingüística (en inglés, Network to Promote Linguistic Diversity).

Fonte: Xunta de Galicia

O portugués podería ser lingua oficial das Nacións Unidas

O lingüista João Malaca Casteleiro, da Academia de Ciencias de Lisboa, cre que o portugués podería converterse na sétima lingua oficial da Organización das Nacións Unidas (ONU) nos próximos cinco anos, grazas á grande proxección do Brasil no panorama internacional e á posibilidade de que este se converta en membro permanente do Consello de Seguridade das Nacións Unidas.

Fonte: Café Portugal

Os macedonios rexeitan a sinalización pública en albanés

Institucións públicas e privadas de toda Macedonia continúan rexeitando a sinalización en albanés a pesar de que case o 30 % da poboación deste país balcánico é de orixe albanesa.

Fonte: Albeu

Malta ocupa os primeiros postos na lectura de xornais publicados en lingua estranxeira

De acordo coas últimas estatísticas do ámbito cultural publicadas en Bruxelas, máis da metade da poboación maltesa le xornais nunha lingua estranxeira. Cunha porcentaxe do 56 %, trátase da media máis alta na Unión Europea despois da rexistrada en Luxemburgo (71 %).

Fonte: Times of Malta

Falantes da lingua chokwe en Angola traballan para acadar a normativización da súa lingua

Falantes de chokwe, unha das linguas nacionais de Angola, residentes nas provincias de Moxico, Lunda Norte, Lunda Sur, Malanxe, Bié e Kuando Kubango desenvolverán un obradoiro para abordar a problemática da normativización da súa lingua materna.

Fonte: Angop

A ONU celebra o Día da Lingua Chinesa con arte e exposicións

As Nacións Unidas celebraron o Día da Lingua Chinesa como parte dos esforzos constantes da organización de destacar a importancia histórica e cultural de cada unha das súas seis linguas oficiais.

Fonte: UN News Centre

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder