Mundo

Os últimos falantes da lingua busuu gravan unha canción e un vídeo musical para animar a outras persoas a aprendela

Un grupo de oito persoas, os últimos falantes da lingua busuu, falada en Camerún, loitan para que as súas palabras sexan relevantes na época do vídeo viral. Coa axuda dunha axencia española de publicidade especializada, os derradeiros falantes de busuu gravaron unha canción e un vídeo musical nesta lingua antiga para animar a outras persoas a aprendela.

Fonte: The Washington Post

A Asemblea Nacional de Paquistán rexeita a emenda que pedía status de lingua nacional para as linguas rexionais

O Comité Permanente de Dereito e Xustiza e Asuntos Parlamentarios da Asemblea Nacional de Paquistán rexeitou por maioría a emenda constitucional que tiña como obxectivo darlles ás linguas maternas status de linguas nacionais como o urdu.

Fonte: Pakistan Observer

O Instituto Etxepare porá en marcha dúas cátedras en Nova York e Chicago e seis lectorados de Éuscaro e Cultura

A directora do Instituto Etxepare, Aizpea Goenaga, anunciou a posta en marcha dun novo lectorado de Lingua e Cultura Vasca na Universidade de Constanza, en Alemaña. Ademais, anunciou a creación doutros tres novos lectorados para o curso 2011-2012.

Fonte: Euskalkultura

A rexión Mediodía-Pireneos destina 630 000 euros á lingua e a cultura occitanas

Desde 2007, a rexión Mediodía-Pireneos persegue a posta en valor da lingua e a cultura occitanas. Durante a celebración da última comisión permanente, acordou unha axuda de máis de 630 000 euros a prol de 24 asociacións e organismos que traballan na súa promoción.

Fonte: Toulouse 7

Publican un libro infantil co obxectivo de salvar unha lingua de Alaska en vías de extinción

Acaba de publicarse o primeiro libro infantil traducido ao tlingit, unha lingua de Alaska en perigo de extinción, coa esperanza posta en que axudará a manter viva esta lingua.

Fonte: Guardian

Lingüistas e economistas resaltan o valor do español e o portugués nun seminario

Un seminario organizado de forma conxunta pola Casa de América Latina de Lisboa, o Instituto Cervantes e o seu homólogo luso, o Instituto Camões, congregou a representantes de moi diferentes sectores para pór en común cal é a importancia de falar unha lingua que comparten centos de millóns de persoas.

Fonte: ABC

Só tres das 68 linguas indíxenas de Colombia son utilizadas por máis de 50 000 persoas

En Colombia existen 68 linguas indíxenas, pero na actualidade hai só tres que son utilizadas por máis de 50 000 persoas. De feito, arredor do 30 % desas linguas corren o risco de desaparecer totalmente, alerta Daniel Aguirre, xefe do Centro para o Estudo de Linguas Aborixes da Universidade dos Andes, en Bogotá.

Fonte: La Información

O 57 % das escolas do País Vasco francés ofrece ensino bilingüe

O Organismo Público da Lingua Vasca presentou un balance positivo da súa actividade, principalmente en materia de ensino bilingüe éuscaro-francés, ofrecido no 57 % dos centros escolares de primaria no País Vasco francés.

Fonte: Vousnousils

A Universidade Tecnolóxica de Auckland crea o Centro Internacional para a Revitalización Lingüística nos Estados Unidos

Investigadores da Universidade Tecnolóxica de Auckland crearon o Centro Internacional para a Revitalización Lingüística nas Nacións Unidas, en Nova York. Este centro podería contribuír a dar vida a moitas das linguas do mundo que se atopan en perigo de extinción.

Fonte: Voxy

O 53 % dos estudantes da rexión peruana de Ayacucho ten o quechua como lingua materna

Segundo un informe presentado pola área de Educación Intercultural Bilingüe (EIB) da Dirección Rexional de Educación Ayacucho (DREA), o 53 % de estudantes da rexión ten como lingua materna o idioma quechua, seguido do castelán con 45 % e un 2 % de linguas nativas (ashaninka e machiguenga).

Fonte: Diario Correo

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder