Mundo

A Universidade de Oxford estuda os métodos utilizados en España para aprender inglés

A Universidade de Oxford iniciou unha investigación en España para analizar o uso das novas tecnoloxías na aula para aprender inglés e o seu efecto nas clases de idiomas.

Fonte: Iberestudios

A lingua manesa revive nas escolas e estúdana agora máis de 1000 alumnos

A lingua manesa experimentou unha revitalización nas escolas da Illa de Man grazas a un aumento das oportunidades para as persoas novas que desexan aprender as linguas nativas. Máis de 1000 alumnos estudan agora manés nas escolas de educación primaria e arredor de 100 na secundaria.

Fonte: Isle of Man

A coalición de goberno de Eslovaquia prepara unha solución intermedia para a Lei de linguas minoritarias

Tras unha serie de conversas extraoficiais, a coalición de Goberno de Eslovaquia espera que poida chegar a unha solución de compromiso que lle permita aprobar a Lei de linguas minoritarias.

Fonte: The Slovak Spectator

Aumenta considerablemente o número de mozos exipcios que desexa aprender turco

Un gran número de exipcios quere estudar turco no Centro Cultural Turco Yunus Emre do Cairo. 5000 mozos estudan nos departamentos de lingua turca de 12 universidades de Exipto, mentres que 1200 persoas de Exipto estudaron turco no Centro Cultural Turco Yunus Emre.

Fonte: World Bulletin

O Goberno de Bengala Occidental recoñece seis linguas minoritarias

O Goberno de Bengala Occidental decidiu recoñecer seis linguas, distintas do bengalí, faladas por minorías lingüísticas no país.

Fonte: The Times of India

Os dirixentes locais de Uganda poden prestar xuramento nunha lingua local

O presidente do Tribunal Supremo, Benjamin Odoki, aclarou que os dirixentes locais poden prestar xuramento nas linguas locais para evitar incomodidades, tal e como estaba pasando en varios distritos, xa que varios dirixentes locais non deron prestado os seus xuramentos en inglés.

Fonte: All Voices

Aumenta cada ano o estudo da lingua coreana en Taiwán

A proba de coñecementos de coreano (TOPIK) está gañando popularidade en Taiwán, pois máis persoas amosan interese en aprender esta lingua. O número de persoas que realizou o exame aumentou en porcentaxes de dous díxitos desde a súa introdución en 2005.

Fonte: The China Post

A Consellería de Educación da Xunta de Galicia presentou en Bruxelas o curso multimedia de chinés ‘Chinesecom’

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia vén de presentar en Bruxelas o curso multimedia de chinés que está a impulsar no marco do proxecto CHINESECOM (www.chinesecom.eu) na Conferencia “EU-China Conference on Multilingualism” (Conferencia sobre Plurilingüismo UE-China).

Fonte: Xunta de Galicia

Emigrantes portugueses en Alemaña están preocupados pola situación do ensino do portugués

Emigrantes portugueses en Alemaña están preocupados pola situación da aprendizaxe da lingua portuguesa nese país e polo peche de asociacións culturais. Demandan máis apoio do Goberno portugués para buscar unha solución a estes problemas.

Fonte: Lusa

Microsoft presenta Internet Explorer 9 en once linguas indias

Microsoft presentou a última versión do seu navegador, o Internet Explorer 9, en once linguas indias (asamés, bengalí, guxaratí, canarés, konkani, malabar, maratí, oriá, panxabi, támil e telugú).

Fonte: IT PRO INDIA

Boletín

Subscríbase ao boletín

Logo Feder