Mundo
A valorización da lingua portuguesa en Macau continúa a ser un gran problema
A valorización da lingua portuguesa continúa a ser un gran problema en Macau, afirmou o presidente da Asociación dos Macaenses, que celebra quince anos con iniciativas culturais, incluíndo o concurso de deseño "Macau, unha casa para todos".
Fonte: Sapo Notícias
Centos de persoas marchan en París en defensa da lingua francesa
Varios centos de persoas participaron en París nunha marcha en defensa da lingua francesa, despois de que 30 asociacións culturais e lingüísticas denunciaran a perda de influencia desta lingua nas áreas diplomática e empresarial.
Fonte: Expresso
Un ordenador en español chega ao mercado dos Estados Unidos
A empresa do sector da tecnoloxía Dell lanzou ao mercado dos Estados Unidos un novo ordenador portátil cun sistema operativo e un teclado totalmente en español. Esta opción introduciuse para satisfacer a demanda do crecente mercado integrado pola comunidade hispana, especialmente entre a poboación adulta.
Fonte: Fox News Latino
Case un millón de alumnos do Reino Unido fala inglés como segunda lingua
No Reino Unido, un de cada seis alumnos en primaria e un de cada oito en secundaria falan na casa unha lingua diferente ao inglés. A porcentaxe de crianzas que comezan a escola cun coñecemento relativamente baixo de inglés duplicouse en só unha década.
Fonte: The Telegraph
A ferramenta de tradución por internet de Google incorpora cinco novas linguas índicas

Cinco novas linguas do subcontinente índico foron incorporadas ao servizo de tradución de Google (Google tradutor), aínda que de momento nunha fase experimental. As linguas son o bengalí, o guxaratí, o canarés, o támil e o telugú.
Fonte: GMA News
O ensino e a investigación do galego reforzan a súa proxección internacional nas universidades de Birmingham, Roma e Varsovia
O ensino e a investigación do galego amplían a súa dimensión internacional a través das universidades de Birmingham, La Sapienza (en Roma) e Varsovia, grazas ao apoio do Goberno galego.
Fonte: Xunta de Galicia
Lanzan en internet un dicionario multimedia da lingua de signos neozelandesa
Os xordos de Nova Zelandia van ter un mellor acceso á terceira lingua oficial do país grazas ao lanzamento dun dicionario multimedia da lingua de signos. A base de datos en liña contén arredor de 4000 signos na lingua de signos neozelandesa, acompañados de debuxos lineais e videoclips para amosar como producir cada un dos signos e como utilizalos en contexto.
Fonte: The New Zealand Herald
A Asociación da Lingua Córnica recibirá 360000 £ durante os próximos tres anos para promover esta lingua celta
O Goberno británico lanzoulle un balón de osíxeno á lingua de Cornualles, que se atopa "en situación crítica", ao darlle financiamento para os próximos tres anos. A antiga lingua fora declarada extinta pola Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) en 2009 para afastala do abismo un ano despois.
Fonte: This is Cornwall
O Diario Oficial da Unión Europea comezará a aplicar o Acordo Ortográfico da lingua portuguesa en xaneiro de 2012
O Diario Oficial da Unión Europea adoptará o Acordo Ortográfico para a lingua portuguesa a partir de xaneiro de 2012, segundo adiantou o responsable do idioma na Dirección Xeral de Tradución da Comisión Europea.
Fonte: Expresso
Un total de vinte e cinco profesores realiza un curso de lingua de signos na Güiana
Un total de vinte e cinco profesores de todo o país realizou un curso inicial de lingua de signos organizado pola Unidade de Necesidades Educativas Especiais do Ministerio de Educación e o Grupo de Apoio aos Xordos.
Fonte: Kaieteur News
Boletín
Subscríbase ao boletín